Liga Galega de Bateis 2025. "V Bandeira de Bateis Concello de Mugardos"
Datos da competición:
- Regata: V Bandeira de Bateis Concello de Mugardos
- Competición: Liga Galega de Bateis 2025
- Modalidade: bateis
- Categorías: alevín, infantil, cadete, xuvenil, sub'23 e absoluta
- Tipo regata: campo tradicional de 500m
- Lugar: Mugardos
- Data: 09/02/2025
- Hora: 11:00h
Terceira xornada da Liga Galega de Bateis na Zona Norte que se disputaba en Mugardos. Inicialmente esta regata estaba programada no calendario oficial da FEGAR para o 25 de xaneiro, pero tívose que aprazar polas malas condicións meteorolóxicas dese día.
Os equipos da A.D. Esteirana Remo que competían hoxe tamén se viron mermados debido a problemas de saúde típicos destas datas. Concretamente o equipo cadete non puido competir e o alevín volveu competir como combinado alevín-infantil, non podendo puntuar para a Liga como xa lles sucedera onte.
Finalmente competiron o equipo combinado alevín-infantil, dous infantís, un xuvenil e outro absoluto. Todos femininos, como vai ser habitual esta temporada.
No combinado alevín-infantil competiron Paula Rodríguez, Leire Piñeiro, Martina Rodríguez, Lara Mayo, e como patrona María Cao.
Os equipos infantís formáronos María Núñez, Ainhoa Creo, Nahia Romero, Erea Fuentes e Alcira Romero de patrona, no equipo 'A', mentras que no 'B' foron Daniela Troncoso, Mara Castro, Lidia Monasterio, Irene Teijo e patrona Ainé de Souza.
As xuvenís que remaron hoxe foron Maite Figueroa, María Cao, Ainé de Souza, Noelia García, mentras que de patrona foi Aroa Saborido.
O equipo absoluto formábano Marta Rodríguez, Lara Figueroa, Andrea Pais, Txelo Tobío e patroneando Alcira Romero.
En canto aos resultados, o equipo combinado alevín-infantil fixo o 2º mellor tempo dos combinados, as infantís foron 7º o 'A' e 13º o 'B', e tanto as xuvenís coma as absolutas marcaron o 4º mellor tempo na súa categoría.
Tempos completos da "V Bandeira de Bateis Concello de Mugardos" (Fonte: Federación Galega de Remo).