Liga Galega de Bateis 2025. Regata non puntuable no campo alternativo da Pobra por cancelación da de Mera

 Datos da competición:

  • Regata: Regata na Pobra do Caramiñal por cancelación da de Mera
  • Competición: Liga Galega de Bateis 2025 (non puntuable)
  • Modalidade: bateis
  • Categorías: alevín, infantil, cadete, xuvenil, sub'23 e absoluta
  • Tipo regata: campo tradicional de 500m
  • Lugar: Pobra do Caramiñal
  • Data: 02/02/2025
  • Hora: 10:30h

 

No día de hoxe debería celebrarse a regata da Liga Galega de Bateis en Mera, pero por mor das condicións meteorolóxicas o club anfitrión veuse na obriga de cancelar a regata.

Como a cancelación foi anunciada con varios días de antelación, a maioría dos clubs participantes optaron por competir no campo alternativo da Pobra do Caramiñal, nunha regata que non é puntuable para a Liga Galega.

 

Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose

 

A A.D. Esteirana Remo tiña inscritos para esta proba un equipo alevín, dous infantiles, un cadete e dous sénior/absoluto, todos eles femininos.

O equipo alevín, por problemas de saúde de última hora de algunha das deportistas, non puido finalmente competir.

Na categoría infantil, nun batel competiron Ainhoa Creo, Mara Castro, Erea Fuentes e Paula Carou, sendo patrona Alcira Romero. O outro batel estaba integrado polas deportistas Irene Teijo, Nahia Romero, Lara Mayo e Daniela Troncoso, con Ainé de Souza de patrona.

A tripulación do batel da categoría cadete estaba formada por Lucía Núñez, Icía Gómez, Adriana Fernández e Lucía Díaz, con Aroa Saborido de patrona.

Os bateis sénior/absoluto participaron con Andrea Pais, Lara Figueroa, Marta Rodríguez, Alcira Romero e Aroa Saborido como patrona, nun deles, e no outro Lucía Fernández, Txelo Tobío, Marinela Romro, Lola Piñeiro e Lucía Núñez como patrona.

Tempos completos da "Regata en campo alternativo da Pobra do Caramiñal" (Fonte: Info Remo).