Achegando o remo á escola. Visita ao instituto As Ínsuas de Muros

Dentro da iniciativa que está levando a cabo a nosa entidade de acercamento do remo á escola, na xornada de hoxe estaba programada a visita ao instituto de secundaria As Ínsuas, en Muros.

 

 

O equipo directivo que organiza este evento, xunto con colaboradores do equipo veterano da traiñeira, acercaron ata alí diverso material do club para facer máis amena a actividade.

A actividade divideuse en dous grupos, un para os alumnos de 1º e 2º de ESO e o outro para os de 3º e 4º.

Impartiuse unha pequena charla onde se lle explicaba aos rapaces as características do deporte do remo en xeral, e tamén de xeito máis específico as modalidades de remo que practicamos na A.D. Esteirana Remo.

Logo da charla houbo unha sesión máis práctica onde se invitou aos rapaces a probar os ergómetros, nos que incluso se organizou unha penquena competición, e a experimentar a sensación de ir embarcado nun batel.