Achegando o remo á escola. Visita ao Colexio da Serra de Outes

Esta mañán a representación da nosa Directiva que leva a cabo esta actividade trasladouse á Serra de Outres para visitar o colexio de primaria.

A xornada de hoxe estaba programada para as rapazas e rapaces de 6º, curso no que hai dúas aulas.

Seguindo coa dinámica que se ven desenvolvendo no resto de centros, primeiro impartiron unha charla onde explican aos nenos as características do deporte do remo e tamén as modalidades nas que compite a A.D. Esteirana Remo.

 


 

Seguidamente trasladáronse ao ximnasio do centro onde estaba colocado o material que acercaron ao centro educativo, varios ergómetros e un batel, material no que impartiron a sesión práctica.

Mañán repetirán visita ao mesmo centro, para realizar esta actividade con alumnos de 4º e 5º.