Achegando o remo á escola. Visita ao CEIP Ricardo Tobío

Onte iniciamos un programa de colaboración cos centros escolares dos arredores, para dar a coñecer e acercar o deporte do remo á escola.

O primeiro centro co que iniciamos esta serie de colaboracións foi co CEIP Plurilingüe Ricardo Tobío do noso pobo.

No día de onte viñeron visitar o noso club as nenas e nenos de 4º a 6º de primaria. 

 




 

Hoxe varios membros da nosa Directiva, xunto coa colaboración de varios integrantes do equipo veterano, foron de visita ao centro para mostrarlle aos rapaces de 1º a 3º de primaria algúns aspectos deste deporte. 

Impartiron unha pequena charla e realizaron algunha actividade práctica nun batel que acercaron ao colexio xunto con outro material.

Nos próximos días realizaremos visitas tamén a colexios de Muros e a Serra de Outes.