Campionato Galego de Remo Olímpico. 4º posto para o 2x veterano masculino da Esteirana Remo
Datos da competición:
- Regata: Campionato Galego de Remo Olímpico
- Competición: Campionato Galego de Remo Olímpico - Copa Xunta de Galicia
- Modalidade: banco móbil (remo olímpico)
- Categorías: veteranos
- Tipo regata: campo tradicional de 6 rúas
- Lugar: Castrelo de Miño (Ourense)
- Data: 29/06/2024
- Hora: 10:00h
Esta mañá celebrábase na localidade de Castrelo de Miño o Campionato Galego de Remo Olímpico - Copa Xunta de Galicia.
A A.D. Esteirana Remo participou nesta competición cun doble scull (2x) veterano masculino, formado por Carlos Martínez Boubeta e David Torea Moledo.
![]() |
Fonte: https://www.facebook.com/Remeirando |
Competiron na primeira das dúas quendas desta modalidade pola rúa 6, e obtiveron un 2º posto nesa quenda.
Na clasificación xeral da regata colleitaron o 4º posto.
Desde a Asociación Deportiva Esteirana Remo queremos expresar o noso máis profundo agradecemento ao Club do Mar de Noia, que nos cedeu o bote no que competiu o equipo da Esteirana nesta regata.
TEMPOS DO CAMPIONATO GALEGO DE REMO OLÍMPICO - COPA XUNTA DE GALICIA