Publicacións

Presentación do C.R. Urme que competirá na Liga Galega de Traiñeiras 2024

Imaxe
Esta tarde levouse a cabo en Muros, a presentación do C.R. Urme que competirá na edición 2024 da Liga Galega de Traiñeiras. Ademais deste acto, desde o Concello fíxose unha recepción aos equipos de batel xuvenil masculino do C.R. Urme e alevín feminino da A.D. Esteirana Remo.     Recordar que o equipo xuvenil do C.R. Urme proclamárase Campión Galego e clasificouse na cuarta posición no Campionato de España deste ano, mentras que as rapazas do equipo alevín da A.D. Esteirana Remo foran campionas da Liga Norte de bateis, ademais de conseguir o terceiro posto no Campionato Galego e o cuarto no de España.           

Achegando o remo á escola. Visita ao instituto As Ínsuas de Muros

Imaxe
Dentro da iniciativa que está levando a cabo a nosa entidade de acercamento do remo á escola, na xornada de hoxe estaba programada a visita ao instituto de secundaria As Ínsuas, en Muros.     O equipo directivo que organiza este evento, xunto con colaboradores do equipo veterano da traiñeira, acercaron ata alí diverso material do club para facer máis amena a actividade. A actividade divideuse en dous grupos, un para os alumnos de 1º e 2º de ESO e o outro para os de 3º e 4º. Impartiuse unha pequena charla onde se lle explicaba aos rapaces as características do deporte do remo en xeral, e tamén de xeito máis específico as modalidades de remo que practicamos na A.D. Esteirana Remo. Logo da charla houbo unha sesión máis práctica onde se invitou aos rapaces a probar os ergómetros, nos que incluso se organizou unha penquena competición, e a experimentar a sensación de ir embarcado nun batel.  

Achegando o remo á escola. Visita ao CEIP Ricardo Tobío

Imaxe
Onte iniciamos un programa de colaboración cos centros escolares dos arredores, para dar a coñecer e acercar o deporte do remo á escola. O primeiro centro co que iniciamos esta serie de colaboracións foi co CEIP Plurilingüe Ricardo Tobío do noso pobo. No día de onte viñeron visitar o noso club as nenas e nenos de 4º a 6º de primaria.      Hoxe varios membros da nosa Directiva, xunto coa colaboración de varios integrantes do equipo veterano, foron de visita ao centro para mostrarlle aos rapaces de 1º a 3º de primaria algúns aspectos deste deporte.  Impartiron unha pequena charla e realizaron algunha actividade práctica nun batel que acercaron ao colexio xunto con outro material. Nos próximos días realizaremos visitas tamén a colexios de Muros e a Serra de Outes.            

Escola de Remo 2024. Ven a descubrir o remo!

Imaxe
Xa está aberto o prazo de inscrición para as Escolas de Remo que organiza a A.D. Esteirana Remo co lema " Ven descubrir o remo! ". Para nenos a partir de 9 anos organizamos a Escola de Remo de nenas e nenos.   E a partir de 16 anos tamén temos, ás tardiñas, a Escola de Remo para adultos.

Campionato Galego de Traiñeiras. Xornada de eliminatorias

Imaxe
Datos da competición: Regata: Eliminatorias do Campionato Galego de Traiñeiras Competición: Campionato Galego de Traiñeiras 2024 Modalidade:  traiñeiras Categorías: absoluta e veteranos, masculina e feminina Tipo regata : campo tradicional de 4 boias Lugar: Bueu Data: 08/06/2024 Hora: 17:00h Xornada de regatas eliminatorias do Campionato Galego de Traiñeiras 2024, na que competiron o equipo absoluto do C.R. Urme e o equipo veterano mixto da A.D. Esteirana Remo.   Fonte: https://www.facebook.com/Remeirando   As primeiras eliminatorias en disputarse foron as da categoría veterana, que tiñan que ralizar un recorrido de dous longos. Nelas competía o equipo da A.D. Esteirana Remo que aliñou a seguinte tripulación:   (proa) Xan (B6) Marta - Txelo (E6) (B5) José de Ama - Pera (E5) (B4) Mole - Franche (E4) (B3) Chamapa - Boubeta (E3) (B2) Perre - Calde (E2) (B1) Teresa - Óscar  (E1) (patrón) Alcira A proba realizábase na modalidade de contra reloxo por parellas. T...

Liga Galega de Traiñeiras de veteranos. II Bandeira de Traiñeiras de Esteiro de Veteranos

Imaxe
Datos da competición: Regata: II Bandeira de Traiñeiras de Esteiro de Veteranos Competición:  Liga Galega de Veteranos 2024 Modalidade:  traiñeiras Categorías:  veteranos masculina, feminina e mixta Tipo regata : campo tradicional de 3 boias Lugar: Esteiro Data: 02/06/2024 Hora: 11:30h   Oitava xornada da Liga Galega de Veteranos 2024, na que competía o equipo veterano mixto da A.D. Esteirana Remo. Disputábanse por primeira vez na historia da Liga Galega de Veteranos, e nas regatas de traiñeiras en xeral en Galicia, tres bandeiras. Unha na categoría masculina, outra na feminina e unha terceira mixta. A bandeira mixta disputaríana os equipos que compiten habitualmente na LGV masculina que aliñaran como mínimo 5 mulleres nesta regata, e que foron finalmente o C.R. Celeiro e a A.D. Esteirana Remo que aliñaba a seguinte tripulación:   (proa) Alcira (B6) Marta - Marinela (E6) (B5) Lidia - Carmiña (E5) (B4) David - Franche (E4) (B3) José - Perre (E3) (B2) Teresa -...