Presentación do C.R. Urme que competirá na Liga Galega de Traiñeiras 2024

Esta tarde levouse a cabo en Muros, a presentación do C.R. Urme que competirá na edición 2024 da Liga Galega de Traiñeiras.

Ademais deste acto, desde o Concello fíxose unha recepción aos equipos de batel xuvenil masculino do C.R. Urme e alevín feminino da A.D. Esteirana Remo.

 


 

Recordar que o equipo xuvenil do C.R. Urme proclamárase Campión Galego e clasificouse na cuarta posición no Campionato de España deste ano, mentras que as rapazas do equipo alevín da A.D. Esteirana Remo foran campionas da Liga Norte de bateis, ademais de conseguir o terceiro posto no Campionato Galego e o cuarto no de España.