Liga Galega de Traiñeiras de veteranos. II Bandeira de Traiñeiras de Esteiro de Veteranos
Datos da competición:
- Regata: II Bandeira de Traiñeiras de Esteiro de Veteranos
- Competición: Liga Galega de Veteranos 2024
- Modalidade: traiñeiras
- Categorías: veteranos masculina, feminina e mixta
- Tipo regata: campo tradicional de 3 boias
- Lugar: Esteiro
- Data: 02/06/2024
- Hora: 11:30h
Oitava xornada da Liga Galega de Veteranos 2024, na que competía o equipo veterano mixto da A.D. Esteirana Remo.
Disputábanse por primeira vez na historia da Liga Galega de Veteranos, e nas regatas de traiñeiras en xeral en Galicia, tres bandeiras. Unha na categoría masculina, outra na feminina e unha terceira mixta.
A bandeira mixta disputaríana os equipos que compiten habitualmente na LGV masculina que aliñaran como mínimo 5 mulleres nesta regata, e que foron finalmente o C.R. Celeiro e a A.D. Esteirana Remo que aliñaba a seguinte tripulación:
(proa) Alcira
(B6) Marta - Marinela (E6)
(B5) Lidia - Carmiña (E5)
(B4) David - Franche (E4)
(B3) José - Perre (E3)
(B2) Teresa - Txelo (E2)
(B1) Otero - Óscar (E1)
(patrón) Fran
O equipo da Esteirana Remo competiu na primeira quenda pola boia 3 mentras Cesantes o facía pola 2 e Celeiro pola 1. Rematou a regata na segunda posición da súa quenda cun tempo de 16:56,40, que coa compensación de -11 segundos que tiña o equipo aliñado hoxe, quedouse en 16:45,40.
Ao rematar por diante do C.R. Celeiro, o outro equipo que competía pola bandeira mixta, a A.D. Esteirana Remo proclamouse vencedora da II Bandeira de Traiñeiras de Esteiro Mixta.
![]() |
Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose |
Con ese tempo obtivo a 8ª posición na clasificación xeral da regata. Na clasificación xeral da Liga mantense na 7ª posición.
TEMPOS DA "II Bandeira de Traiñeiras de Esteiro de Veteranos"
![]() |
Fonte: https://www.facebook.com/inforemobancofijo |
CLASIFICACIÓN XERAL DA LIGA GALEGA DE VETERANOS DESPOIS DESTA REGATA
![]() |
Fonte: https://www.facebook.com/inforemobancofijo |
FOTOS DESTA REGATA