Publicacións

Uxía Saborido foi convocada pola Selección Galega para o Campionato de España por Autonomías

Imaxe
No día de hoxe recibimos a convocatoria oficial da Federación Galega de Remo na que anunciaban a lista de integrantes da Selección Galega que participará este vindeiro fin de semana no Campionato de España por Autonomías, que se celebrará en Castrelo de Miño (Ourense) . Na lista de seleccionados estaba a deportista da A.D. Esteirana Remo Uxía Saborido, que competirá na categoría absoluta na modalidade de 8+. Entre os seleccionados están tamén nomes coñecidos como os de Caetano Horta e Rodrigo Conde, remeiros galegos que participaron na pasada Olimpiada de París 2024. Lista completa de seleccionados na categoría absoluta .    Maite Figueroa (esq.) e Uxía Santiago (der.) no Campionato Galego Xunta de Galicia de Fondo do pasado 1 de febreiro  Os horarios dar probas son os seguintes:    

Liga Galega de Bateis 2025. Regata non puntuable no campo alternativo da Pobra por cancelación da de Mera

Imaxe
  Datos da competición: Regata: Regata na Pobra do Caramiñal por cancelación da de Mera Competición: Liga Galega de Bateis 2025 (non puntuable) Modalidade: bateis Categorías: alevín, infantil, cadete, xuvenil, sub'23 e absoluta Tipo regata : campo tradicional de 500m Lugar: Pobra do Caramiñal Data: 02/02/2025 Hora: 10:30h   No día de hoxe debería celebrarse a regata da Liga Galega de Bateis en Mera, pero por mor das condicións meteorolóxicas o club anfitrión veuse na obriga de cancelar a regata. Como a cancelación foi anunciada con varios días de antelación, a maioría dos clubs participantes optaron por competir no campo alternativo da Pobra do Caramiñal, nunha regata que non é puntuable para a Liga Galega.   Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose   A A.D. Esteirana Remo tiña inscritos para esta proba un equipo alevín, dous infantiles, un cadete e dous sénior/absoluto, todos eles femininos. O equipo alevín, por problemas de saúde de última hora de algunh...

1º posto na categoría veterana feminina para a traiñeira da A.D. Esteirana Remo na "XXII CONTRA O RELOXO CABO DA CRUZ, III BANDEIRA #somosBOIRO". 11º posto para Urme "A" e 24º para Urme "B"

Imaxe
Datos da competición: Regata: XXII CONTRA O RELOXO CABO DA CRUZ, III BANDEIRA #somosBOIRO Competición: contra reloxo non oficial Modalidade:  traiñeiras Categorías: absoluta e veterana masculina, feminina e mixta Tipo regata : contra reloxo Lugar: Cabo da Cruz (Boiro) Data: 01/02/2025 Hora: 11:30h veteranos, 17:00h absolutos   Hoxe celebrouse en Cabo da Cruz a " XXII CONTRA O RELOXO CABO DA CRUZ, III BANDEIRA #somosBOIRO ". Como ven sendo habitual nas últimas edicións, a competición de equipos veretanos é durante a mañá, e pola tarde compiten os equipos absolutos.     A.D. Esteirana Remo veterano feminino . Autoría da foto: https://www.facebook.com/Remeirando   A A.D. Esteirana Remo inscribiu nesta competición un equipo na categoría veterana feminina que, debido a que non todas as remeiras veteranas poideron viaxar a Cabo da Cruz, tivo que completarse con tres remeiras xuveniles e un remeiro veterano masculino. A aliñación foi a seguinte: Ainé Alcira - Ana...

Uxía Saborido sexta clasificada, Maite Figueroa oitava, no Campionato Galego Xunta de Galicia de Fondo

Imaxe
Datos da competición: Regata: Campionato Galego Xunta de Galicia de Fondo Competición: Campionato Galego Xunta de Galicia de Fondo Modalidade: Remo Olímpico (banco móbil) Categorías: cadete, xuvenil, absoluto e remo adaptado Tipo regata : 5.500 m. Lugar: Rio Miño, Tui-Pontevedra (Centro Interfederado de Tui) Data: 01/02/2025 Hora: 11:00h    Esta mañá Maite Figueroa e Uxía saborido competiron no " Campionato Galego Xunta de Galicia de Fondo ", de remo olímpico, que se celebrou en Tui. A regata disputábase nunha distancia de 5.500m.   As dúas participaron na modalidade de skiff (1x). Maite competía na categoría xuvenil e finalizou nunha meritoria oitava posición tendo en conta o pouco tempo que leva practicando esta disciplina, mentras que Uxía, competindo na categoría absoluta foi sexta clasificada. Os tempos oficiais son os seguintes:   1x xuvenil feminino . 1x absoluto feminino .

Liga Galega de Bateis 2025. "II Bandeira de Bateis Mecalsa"

Imaxe
  Datos da competición: Regata: II Bandeira de Bateis Mecalsa Competición: Liga Galega de Bateis 2025 Modalidade: bateis Categorías: alevín, infantil, cadete, xuvenil, sub'23 e absoluta Tipo regata : campo tradicional de 500m Lugar: Pobra do Caramiñal Data: 18/01/2025 Hora: 10:30h   Xornada inaugural de Liga Galega de Bateis 2025, na que participamos con  un equipo alevín, dous infantiles, un cadete e outro absoluto, todos eles femininos.   Equipo alevín. Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose   No equipo alevín competiron Paula, Leire, Martina e Julia, con María Cao de patrona. Os equipos infantiles estaban formados por Irene, Nahia, Erea e Paula, con Maite de patrona, e o outro por Ainhoa, Mara Caamaño, Lara e María, con Aroa de patrona. As cadetes que competiron foron Lucía, Icía, Adriana e Lucía Díaz, con Aroa de patrona. No equipo absoluto competíu Andrea, Lara, Marta e Txelo, patroneando Aroa. Tempos completos da " II Bandeira de Bateis Mecals...

Convocatoria de Asamblea Xeral Ordinaria

Imaxe
CONVOCATORIA DE ASAMBLEA XERAL ORDINARIA   De acordo co que dispoñen os Estatutos da Asociación Deportiva Esteirana Remo procédese a convocar a todas as socias e socios á Asamblea Xeral Ordinaria que se celebrará nas instalacións da entidade, en Agrocovo - Ribeira de Creo s/n, Esteiro, o vindeiro domingo 26 de xaneiro ás 11:30h en primeira convocatoria e as 12:00h en segunda convocatoria. ORDE DO DÍA DA ASAMBLEA: 1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior. 2. Resumo actividade deportiva da temporada 2024. 3. Balance contable da temporada 2024. 4. Proxecto deportivo para a temporada 2025. 5. Orzamento temporada 2025. 6. Proxecto de colaboración co C.R. Muros. 7. Rogos e preguntas. En Esteiro a 11 de xaneiro de 2025. A PRESIDENTA    

A A.D. Esteirana Remo participa cunha traiñeira feminina no IX Memorial Miguel Fernández Lores “LAGAR” de Traiñeiras

Imaxe
Datos da competición: Regata: IX Memorial Miguel Fernández Lores  “LAGAR” Competición: ontra o reloxo non oficial Modalidade:  traiñeiras Categorías: absoluta e veterana masculina, feminina e mixta Tipo regata : contra o reloxo Lugar: O Grove (Pontevedra) Data: 15/12/2024 Hora: 12:00h   Todas as imaxes foron realizadas por "Remeirando" .   A A.D. Esteirana remo participou cunha traiñeira totalmente feminina no IX Memorial Miguel Fernández Lores  “LAGAR”.   O equipo que competíu esta mañá, formado por remeiras de categorías xuvenil e absoluta, foi o seguinte:   (proa) Alcira (B6) Lucía - Ainé (E6) (B5) Teresa - Ana (E5) (B4) Uxía - Txelo (E4) (B3) Marinela - Lidia (E3) (B2) Marta - Lola (E2) (B1) Maite - Andrea (E1) (patrón) Aroa       Este equipo leva moi poucos entrenos xuntas, pero as sensacións foron moi boas. Remataron na 9ª poisición da categoría feminina cun tempo de 27:19,43. Tamén competiron dúas traiñeiras do C.R. Urme na ...