Uxía Saborido foi convocada pola Selección Galega para o Campionato de España por Autonomías

No día de hoxe recibimos a convocatoria oficial da Federación Galega de Remo na que anunciaban a lista de integrantes da Selección Galega que participará este vindeiro fin de semana no Campionato de España por Autonomías, que se celebrará en Castrelo de Miño (Ourense) . Na lista de seleccionados estaba a deportista da A.D. Esteirana Remo Uxía Saborido, que competirá na categoría absoluta na modalidade de 8+. Entre os seleccionados están tamén nomes coñecidos como os de Caetano Horta e Rodrigo Conde, remeiros galegos que participaron na pasada Olimpiada de París 2024. Lista completa de seleccionados na categoría absoluta . Maite Figueroa (esq.) e Uxía Santiago (der.) no Campionato Galego Xunta de Galicia de Fondo do pasado 1 de febreiro Os horarios dar probas son os seguintes: