"V Bandeira Concello de Ribeira" de bateis

Debido as malas condicións meteorolóxicas que sufrimos onte en toda a costa de Galicia, o C.R. Narón viuse na obriga de suspeder a "XXV Trofeo de Bateis Cidade de Narón". No día de hoxe as condicións eran moi distintas e o Clube de Remo Náutico de Riveira foi quen de organizar sen percances a "V Bandeira Concello de Ribeira de bateis". Como adoitamos facer nestas últimas semanas, a A.D. Esteirana Remo acudiu á cita coas súas tres tripulacións. Dúas alevíns femininas e a cadete masculina. Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose Hai que subliñar que o equipo cadete masculino tivo que competir sen un dos seus deportistas habituais, Leo Fernández, debido a unha lesión que esperemos que o teña apartado das bancadas o menor tempo posible, e ao que lle desexamos unha rápida recuperación, o mesmo que fixeron os seus compañeiros de equipo, así como as compañeiras e compañeiros do C.R. Muros aos que agradecemos o fermoso xesto. Fonte https://www.facebook.com/moit...