Resultados do "ORIAren XXIX Traineru Jaitsiera"

Este sábado disputouse na localidade vasca de Orio o "ORIAren XXIX Traineru Jaitsiera" (XXIX Descenso de Traineras do Oria).

 

Nesta edición déronse cita 69 embarcación das cales 9 eran llaguts cataláns e o resto traiñeiras, unha das cales representaba á A.D. Esteirana Remo co seu equipo veterano mixto.

 


 

Por categorías, das 69 embarcacións participantes 29 eran de veteranos, dentro das cales había 15 equipos veteranos masculinos, 1 feminino e 13 mixtos.

 

As condicións meteorolóxicas foron de choiva constante, que non parou durante toda a duración da regata, pero sen vento.

 


 

A proba era na modalidade de contra o reloxo na que as tripulacións ían saíndo de minuto en minuto. A distancia a percorrer era de 4.000 metros para llaguts, veteranos e sénior femininas, mentras que para a sénior masculina era de 6.000 metros.

 

A traiñeira da A.D. Esteirana Remo tiña o número 11 na orde de saída. Por diante só saía a traiñeira feminina do C.R. Puebla e todos os llaguts cataláns. Esta circunstancia penalizou algo ao noso equipo debido a que os llaguts son embarcacións moito máis lentas que tivo que ir esquivando no descenso a nosa traiñeira.

 


 

Finalmente a traiñeira da A.D. Esteirana Remo finalizou a proba parando o crono en 15:33,85, empatado incluso na mesma centésima co tempo do equipo veterano masculino de Mundaka, tempo que nos colocou no 5º posto da clasificación xeral de veteranos, e sendo a traiñeira máis rápida dentro das veteranas mixtas.

 


 

A proba en categoría sénior feminina gañouna o equipo local Orio Orialki con 14:39,45, mentras que na categoría masculina o vencedor foi o equipo de Bermeo con 19:38,19.


Tempos oficiais do "ORIAren XXIX Traineru Jaitsiera" (fonte C.R. Orio).