Plantando árbores coa Comunidade de Montes de Esteiro

A Comunidade de Montes fixo un chamamento fai uns días a través das súas redes sociais para solicitar axuda ao resto de asociacións de Esteiro e veciños, para que participáramos nunha xornada de plantación de árbores autóctonas. 

 



A xornada en cuestión tivo lugar na mañá de hoxe e varias directivas e directivos da A.D. Esteirana Remo sumáronse aos traballos dirixidos polos membros da Comunidade de Montes.

 



Os traballos de plantación empezaron ás dez da mañá e duraron ata o mediodía, momento no que a Comunidade de Montes convidou aos colaboradores a unha parva para recuperar forzas logo do intenso traballo.