Resultados da "Bandeira Concello de Ares" de bateis

A Liga Territorial Norte de bateis traladouse esta fin de semana á localidade de Ares onde se celebrou a "Bandeira Concello de Ares".

 

A A.D. Esteirana Remo acudía a esta cita cos dous equipos alevíns femininos e co equipo cadete masculino.




Un dos equipos alevíns femininos participou na segunda tanda, onde acabaron de quintas con un tempo de 03:39,26, que lles supuxo un 9º posto na clasificación xeral. Pola súa banda, o outro equipo alevín feminino paticipou na terceira tanda, conseguindo un cuarto posto con un tempo de 04:07,34 que as posicionaba no posto 12º da clasifiación xeral da categoría.

 



O equipo cadete masculino participou na primeira das quendas onde obtivo a victoria desa quenda nun apretadísimo final co C.R. Mugardos, que entraba a pouco máis de un segundo do noso equipo. O tempo do equipo da Esteirana foi de 8:01,47, que finalmente na xeral os colocaba de 8º.


Pódense descargar todos os tempos desta competición desde o seguinte enlace (fonte @inforemobancofijo): Tempos Bandeira Concello de Ares.