Resultados da VI Bandeira de Bateis Concello de Boiro
Esta tarde celebrouse en Cabo da Cruz unha nova xornada da Liguiña Territorial Norte de bateis.
![]() |
Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose |
Nesta ocasión a A.D. Esteirana Remo participou con tres tripulacións, dúas na categoría alevín feminina e outra na categoría cadete masculina.
![]() |
Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose |
As chicas da categoría alevín finalizaron no sétimo posto unha das tripulacións, con un tempo de 03:39,2 e no décimo terceiro a outra, con un tempo de 04:46,9.
Pola súa banda os rapaces da categoría cadete finalizaron na décimo primeira posición con un tempo de 08:03,3.
O club gañador da bandeira foi finalmente o club anfitrión, tanto en categoría masculina como feminina.
No seguinte enlace pódense descargar os resultados completos de todas as categorías, facilitados polo club organizador: https://drive.google.com/file/d/1tdj-y4QInr0rCeLU-giryXAk4G2bCUaD/view?usp=sharing