"V Bandeira Concello de Ribeira" de bateis

Debido as malas condicións meteorolóxicas que sufrimos onte en toda a costa de Galicia, o C.R. Narón viuse na obriga de suspeder a "XXV Trofeo de Bateis Cidade de Narón".

 

No día de hoxe as condicións eran moi distintas e o Clube de Remo Náutico de Riveira foi quen de organizar sen percances a "V Bandeira Concello de Ribeira de bateis".

 

Como adoitamos facer nestas últimas semanas, a A.D. Esteirana Remo acudiu á cita coas súas tres tripulacións. Dúas alevíns femininas e a cadete masculina.

 

Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose

 

Hai que subliñar que o equipo cadete masculino tivo que competir sen un dos seus deportistas habituais, Leo Fernández, debido a unha lesión que esperemos que o teña apartado das bancadas o menor tempo posible, e ao que lle desexamos unha rápida recuperación, o mesmo que fixeron os seus compañeiros de equipo, así como as compañeiras e compañeiros do C.R. Muros aos que agradecemos o fermoso xesto.


Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose

 

No tocante ao que a competición se refire, os nosos equipos alevíns femininos competiron os dous na tanda 3. Un deles remando pola boia 3 fixo un tempo de 03:26,16 que as colocaba no 5º posto da clasificación, mentras que a outra tripulación facía un tempo de 03:28,22 remando pola rúa 2, e que as situou no 7º posto da clasificación. 

 

Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose

 

Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose



Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose

 

En canto ao equipo cadete masculino, remou na segunda quenda da súa categoría pola rúa 5, e marcou un tempo final de 08:17,12 que os clasificaba na 9ª posición.

 

Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose

 
Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose

As vindeiras citas da Liguiña Territorial Norte de bateis son o sábado 1 de abril en Mugardos e o domingo 2 na Pobra do Caramiñal. 

 

Tempos completos da "V Bandeira Concello de Ribeira de bateis" (fonte @inforemobancofijo).