"VIII Banderia Confraría de Pescadores Virxe do Carme de Rianxo" de bateis
A Liguiña Norte de Bateis celebrou a quinta xornada en Rianxo, a onde se desprazaron os equipos da zona norte para disputar a "VIII Banderia Confraría de Pescadores Virxe do Carme de Rianxo" de bateis.
A proba disputouse nun campo tradicional de 500 m. e 5 carreiros.
A A.D. Esteirana Remo participou na proba cos dous equipos de categoría alevín feminina e co equipo cadete masculino. Recordar tamén que catro remeiras do noso club, dúas cadetes (María Cao e Noelia García) e dúas xuvenís (Aroa Saborido e Lola Piñeiro), reman cedidas no C.R. Muros debido a que non se puido completar tripulacións de batel cadete e xuvenil feminina da A.D. Esteirana Remo esta temporada.
Pola súa banda o C.R. Muros cédenos á A.D. Esteirana Remo dous deportistas da categoría cadete masculina para completar o noso equipo desa categoría.
No referente ás regatas da quinta xornada da Liguiña Norte, na categoría alevín feminina, un dos nosos equipos remou na segunda quenda polo carreiro 2 e finalizou a proba cun tempo de 04:28,72, tempo que as situou no 9º posto final da categoría.
Pola súa banda, o outro equipo alevín feminino remaba na terceira quenda pola rúa 4 e finalizou a proba con un tempo de 05:19,60 que as situou finalmente de 10º.
No tocante á categoría cadete masculina, o equipo da A.D. Esteirana Remo remou na cuarta quenda polo carreiro 2. Finalizou a regata cun tempo de 08:13,33 que os situaba na 7ª posición final da categoría.
Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose
Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose
O equipo cadete feminino do C.R. Muros, onde reman María e Noelia, compiteu na segunda quenda desa categoría polo carreiro 5, e fixo un tempo final de 09:33,12 que as clasificaba no 6º posto final da categoría.
Finalmente sinalar que o equipo xuvenil feminino do C.R. Muros, onde reman cedidas as nosas deportistas Aroa e Lola, finalizaron a regata cuartas cun tempo final de 13:12,08 remando pola rúa 3.
![]() |
Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose |
![]() |
Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose |
A vindeira semana a Liguiña Territorial Norte desprázase a Narón onde se celebrará o "XXV Trofeo de Cidade de Narón".
Tempos completos da "VIII Banderia Confraría de Pescadores Virxe do Carme de Rianxo" de bateis (fonte @inforemobancofijo).