Xornada clasificatoria do Campionato Territorial Norte de bateis

Esta tarde celebráronse na Pobra do Caramiñal as regatas clasificatorias para as finais do Campionato Territorial Norte de bateis que se celebrará mañá na mesma localidade. As quendas das regatas clasificatorias quedaron configuradas tal como se poden ver neste documento . Acudimos á cita coas mesmas tripulacións que competiran na XVI Bandeira SSG en Esteiro o sábado anterior. Alevín feminina, absoluta feminina, cadete masculina e absoluta masculina. Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose As rapazas da categoría alevín fixeron unha moi boa regata, remando na primeira quenda pola rúa 1. Finalizaron cun tempo de 02:40,81 no 3º posto da quenda, pero que non foi suficiente para clasificarse para as finais do domingo por 9". Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose O equipo da categoría absoluta feminina era a segunda regata de bateis na que competía, logo de remar por primeira vez en Esteiro o sábado anterior. O traballo de todo o inverno centrouse na traiña veterana...