Xornada clasificatoria do Campionato Territorial Norte de bateis

Esta tarde celebráronse na Pobra do Caramiñal as regatas clasificatorias para as finais do Campionato Territorial Norte de bateis que se celebrará mañá na mesma localidade.


As quendas das regatas clasificatorias quedaron configuradas tal como se poden ver neste documento.


Acudimos á cita coas mesmas tripulacións que competiran na XVI Bandeira SSG en Esteiro o sábado anterior. Alevín feminina, absoluta feminina, cadete masculina e absoluta masculina.

 

Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose


As rapazas da categoría alevín fixeron unha moi boa regata, remando na primeira quenda pola rúa 1. Finalizaron cun tempo de 02:40,81 no 3º posto da quenda, pero que non foi suficiente para clasificarse para as finais do domingo por 9".

 

Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose


O equipo da categoría absoluta feminina era a segunda regata de bateis na que competía, logo de remar por primeira vez en Esteiro o sábado anterior. O traballo de todo o inverno centrouse na traiña veterana e apenas fixeron entrenamentos xuntas estas dúas últimas semanas, o que se notou no rendemento do batel. Ao igual que o equipo alevín feminino, remaron na quenda 1 e boia 1. Finalizaron na 4ª posición da quenda cun tempo de 10:37,98.

 

Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose



No tocante ós equipos masculinos, os cadetes remaron na segunda quenda pola rúa 4. Nesta categoría non había clasificación por postos debido a que había máis de dúas quendas, polo que se clasificaban os catro mellores tempos independentemente da quenda na que participaran e o posto obtido. Finalizaron cun tempo de 07:13,25 no 6º posto da categoría, que non lles daba praza na final do día seguinte.

 

Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose

Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose


Por último o equipo absoluto masculino, que ao igual que o absoluto feminino disputaba a segunda regata nesta disciplina debido á que se está preparando con máis mimo a traiña, remaba na primeira quenda pola rúa 5. Finalizaron no 4º posto da súa quenda con un tempo de 09:30,60.

 

Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose

Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose


Remata aquí a temporada de bateis para os nosos deportistas, aínda que seguiremos traballando para preparar a temporada do ano que ven con máis garantías.


Gustaríanos trasladar desde o Club o noso agradecemento ao esforzo e adicación dos nosos deportistas, así como ao dos nosos adestradores.

 



Queríamos felicitar tamén ao C.R. Muros polas clasificacións obtidas, e en particular ó equipo cadete feminino onde reman dúas das nosas deportistas cedidas, María Cao e Noelia García. Moita sorte para as seguintes regatas.


Tempos completos da "Xornada clasificatoria do Campionato Territorial Norte de bateis" (fonte @inforemobancofijo).