Bandeira de Bateis Concello de Mugardos
A Liga Territorial Norte de bateis trasladouse este sábado á comarca de Ferrol para disputar a "Bandeira de Bateis Concello de Mugardos".
![]() |
Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose |
Os nosos equipos alevín feminino, con dúas tripulacións, e cadete masculino acudiron esa localidade para competir na proba. Entre os deportistas da categoría cadete masculina xa estaba Leo Fernández, que xa se encontraba prácticamente recuperado da lesión que o apartou das bancadas a semana anterior.
![]() |
Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose |
As rapazas do equipo alevín competiron, unhas na primeira tanda e outras na segunda, das tres tandas que se disputaron. O equipo que participou na primeira tanda parou o crono cun tempo de 03:38,04 que as colocaba no 11º posto da clasificación. Pola súa banda o equipo que participou na segunda quenda fixo un tempo de 02:51,41 e conseguiu o 8º posto na clasificación final. As dúas tripulacións remaron pola rúa 2.
![]() |
Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose |
![]() |
Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose |
O equipo cadete masculino remou na segunda quenda das tres que se disputaron, e remaron pola boia 3. Finalizaron a regata cun tempo de 06:35,03 na 7ª posición da clasificación.
![]() |
Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose |
Tempos completos da "Bandeira de Bateis Concello de Mugardos" (fonte @inforemobancofijo).