XVI Bandeira SSG de bateis

Mañá sábado 8 de abril organizamos no porto de Esteiro a XVI Bandeira SSG de bateis. A proba será ás 16:00h.

 



Asistirán á regata 12 clubs, máis de cen tripulacións en total, o que supón máis de 400 deportistas de todas as categorías. Desde este enlace pódese descargar o cadro de participación na XVI Bandeira SSG de bateis.

 

Para o traslado dos deportistas é necesario un gran volume de vehículos, polo que solicitamos aos veciños de Esteiro e a todas as persoas que visiten o noso pobo no día de mañá que respecten, por favor, as zonas reservadas para o aparcamento dos vehículos e autobuses dos clubs participantes.

 

Moitas grazas.