I Bandeira Autoridade Portuaria Ferrol-San Ciprián
A Liguiña Territorial Norte de bateis volvía á zona de Ferrolterra para disputar a "I Bandeira Autoridade Portuaria Ferrol-San Ciprián" que se celebraba no porto de Curuxeiras, sendo o o club organizador o C.R. A Cabana.
![]() |
Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose |
Como nas anteriores xornadas da liguiña, desprazamos á regata os dous equipos alevíns femininos e o cadete masculino.
Os dous bateis alevíns femininos remaron na 2ª tanda desa categoría, un deles polo carreiro 1, facendo un tempo de 03:15,76 que o clasificaba na 6ª posición. O outro batel remou pola rúa 4 e finalizou a proba con un tempo de 04:17,55 na 9ª posición final.
![]() |
Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose |
![]() |
Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose |
Na categoría cadete masculina o batel da Esteirana Remo remou na 4ª tanda pola boia 3. O tempo final que obtiveron foi 07:21,22 que os clasificaba na 7ª posición final da categoría.
![]() |
Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose |
Dentro dun par de días a Liguiña Territorial Norte visita a nosa vila onde organizaremos a XVI Bandeira SSG.
Tempos completos da "I Bandeira Autoridade Portuaria Ferrol-San Ciprián" (fonte @inforemobancofijo).