Clasificación da XVI Bandeira SSG de bateis
113 tripulacións de todas as categorías soltaron a estacha esta tarde no porto de Esteiro para disputar a XVI Bandeira SSG de bateis. Ao arredor de 500 deportistas en total que fixeron disfrutar aos afeccionados do deporte do remo.
Os clubs participantes foron A Cabana, Ares, Cabo da Cruz, Celeiro, Mugardos, Muros, Narón, Perillo, Puebla (incribeu dous clubs, Pobra e Puebla), Rianxo, Riveira e Esteirana.
A regata disputouse con algo de vento de sur, sobre todo na primeira metade da competición, que levantaba unha pequena ola nas boias exteriores pero que non impediu que a regata se celebrase sen incidentes.
En canto as clasificacións, os vencedores en cada categoría foron:
- Alevín feminina: C.R. A Cabana.
- Infantil feminina: C.R. Cabo da Cruz.
- Cadete feminina: C.R. Cabo da Cruz.
- Xuvenil feminina: C.R. Rianxo.
- Sub23 feminina: C.R. Rianxo.
- Absoluta feminina: C.R. Cabo da Cruz.
- Alevín masculina: C.R. Cabo da Cruz.
- Infantil masculina: C.R. Cabo da Cruz.
- Cadete masculina: C.R. Puebla.
- Xuvenil masculina: C.R. Náutico de Riveira.
- Sub23 masculina: C.R. Cabo da Cruz.
- Absoluta masculina: C.R. Rianxo.
Pola nosa banda, a A.D. Esteirana Remo participou con dous equipos alevíns femininos, un cadete masculino, e os absolutos feminino e masculino.
Os nosos equipos alevíns femininos quedaron no 7º e 9º posto, con uns tempos de 03:00,04 e 03:40,68 respectivamente.
Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose
O equipo cadete masculino fixo un tempo de 07:42,11 que os posicionou no 6º posto final.
![]() |
Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose |
Na categoría absoluta, o equipo feminino rematou cun tempo de 11:39,87 no 7º posto, mentras que o masculino fixo un tempo de 10:23,01 que os colocaba no 6º posto da clasificación.
A XVI Bandeira SSG de bateis foi finalmente para Cabo da Cruz con 78 puntos, máxima puntuación ao conseguir 6 victorias en 6 categorías distintas.
Tempos completos da "XVI Bandeira SSG de bateis" (fonte @inforemobancofijo).