IV Bandeira Concello da Pobra de bateis

A novena proba da Liguiña Territorial Norte de bateis disputouse na Pobra do Caramiñal este domingo ás 11:00h. O C.R. Puebla organizaba a "IV Bandeira Concello da Pobra de bateis".

 

Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose

Moi boas condicións climatolóxicas e, como normalmente é habitual alí, o campo de regatas en moi boas condicións para a práctica do remo. 

 

Desta volta as chicas da categoría alevín que formaron cada un dos equipos foron Ainhoa, Nahia, María, Daniela, con Sara de patrona, nun batel, e no outro Irene, Mara, Lara e Paula con Aitor como patrón. Os dous equipos remaron na mesma tanda e finalizaron con uns tempos de 03:21,11 e 03:43,57, nos postos 8º e 9º da clasificación final da regata.

 


Pola súa banda no equipo cadete masculino remou Marcos, Alexandre, Leo, Aitor e Sara de patrona. Finalizaron cun tempo de 07:31,53 no 7º posto da regata.

 

Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose

O vindeiro xoves, aproveitando que é festivo, a Liguiña Territorial Norte desprázase a Ferrol para competir na proba que organiza o C.R. A Cabana, e xa o vindeiro sábado organizaremos en Esteiro a "XVI Bandeira SSG".

 

Tempos completos da "IV Bandeira Concello da Pobra de bateis" (fonte @inforemobancofijo).