Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta veterano/a

Bandeira de Veteran@s de Rianxo

Imaxe
Esta mañá en Rianxo tivo lugar unha nova xornada da Liga Galega de Veteranos, onde volvían á competición tanto os equipos da liga feminina coma os da liga masculina. Ao igual que sucedera onte pola tarde en Esteiro, o vento foi o protagonista da xornada soprando forte de nordés, pero desta vez sen cambios significativos na intensidade o que non afectou tanto á clasificación final como sucedeu na xornada de onte. O mar, en boas condicións. Na categoría feminina, ao revés do que sucedera na xornada de onte, Puebla tomou a dianteira e xa virou con 12 segundos de vantaxe sobre Cabo da Cruz. No longo de volta Cabo recortou 1 segundo pero insuficiente para evitar que Puebla se fixera coa bandeira en disputa. Na categoría masculina na xornada de hoxe estaban todos os equipos integrantes da liga, polo que se configuraron 3 quendas de 3 equipos. As dúas primeiras lanzadas e a última ao final das dúas primeiras. A Esteira Remo competía desta volta coa seguinte tripulación: Perre (proeiro) (B6) T

Resultados da "I Bandeira de Esteiro" de traiñeiras de veteranas e veteranos

Imaxe
A Liga Galega de Veteranos fixo hoxe a súa parada en Esteiro, onde esta tarde organizamos a "I Bandeira de Esteiro" de traiñeiras de veteranas e veteranos. Fonte: https://es-es.facebook.com/moitoremojose O estado do mar estivo en perfectas condicións para a práctica do remo, aínda que o vento forte e racheado do nordés dificultaba moito o traballo das remeiras e remeiros, tanto foi así que ao final convirtiríase no auténtico protagonista da xornada. A regata comenzou coa proba feminina, a dous longos, disputada polas embarcacións do C.R. Puebla e o C.R. Cabo da Cruz. Este último xa colleu a dianteira desde o inicio e na ceavoga xa adiantaba á Puebla en 10 segundos. No longo de volta Puebla recortou algo pero non foi suficiente e rematou a proba 7 segundos por detrás de Cabo. Cos tempos compensados finais a vencedora definitiva foi a traiñeira de Cabo con algo máis de 5 segundos de vantaxe. Na competición masculina ao non acudir á regata o C.R. Celeiro configuráronse dúas quen

I Bandeira de Esteiro de Veteranas e Veteranos

Imaxe
  O vindeiro sábado 20 de maio ás 17:30 h. organizamos a "I Bandeira de Esteiro de Veteranas e Veteranos" de traiñeiras.   Esperámosvos a tod@s no porto de Esteiro para animar aos vosos equipos.

Bandeira "Dean.Shop eCommerce" de veteranas e veteranos

Imaxe
Aproveitando o festivo do Día das Letras Galegas organizouse esta mañá na Pobra do Caramiñal a Bandeira "Dean.Shop eCommerce" de veteranas e veteranos.   As condicións meteorolóxicas non eran malas pero o vento forte de nordés dificultaba moito as cousas na metade exteior do campo de regatas ás remeiras e remeiros, posto golpeaba ás embarcacións de aleta e amura. A marea que estaba subindo tamén levantaba unha ola de costado na parte exterior do campo que dificultaba máis se cabe o traballo dos deportistas. A primeira das competicións en disputa foi a feminina cos dous clubs que compiten nesta liga, o C.R. Cabo da Cruz e o C.R. Puebla. Desde o inicio da regata o C.R. Puebla colleu a dianteira e xa a mantivo ata o final. Proclamouse vencedora da bandeira cun tempo de 08:29,00, mentras que Cabo remataba 14" por detrás. Na competición masculina faltou á cita o C.R. Celeiro, o que fixo que se configuraran dúas quendas de 4 participantes.    Na primeira quenda competiron C.R.

"I Bandeira Coterena" de traiñeiras de veteranos

Imaxe
Esta mañá chegaba a cuarta xornada da Liga Galega de Veteranos á localidade de Cesantes, en Pontevedra. Fonte: https://es-es.facebook.com/Remeirando/ A "I Bandeira Coterena" disputouse con vento frouxo e mar en calma, e con todos os equipos da liga en competición.   O noso equipo veterano mixto disputou esta regata na primeira quenda, pola rúa 5, competindo contra o equipo local de Cesantes que ía pola boia 3 e Celeiro que ía pola 1. A aliñación da Esteirana Remo foi a seguinte:   Uxío (proeiro) (B6) Marta - Marinela (E6) (B5) Xan - Óscar (E5) (B4) David - Franche (E4) (B3) Calde - Juan Carlos (E3) (B2) Chema - Txelo (E2) (B1) Otero - Carou (E1) Alcira (patrona)   Esta primeira quenda gañouna o equipo local de Cesantes, e a Esteirana rematou na segunda posición cun tempo final de 14:13,83. O tempo compensado final do noso equipo foi de 14:08,83 que o clasificaba na oitava posición final da regata.   Fonte: https://es-es.facebook.com/Remeirando/   No referente á clasificac

I Bandeira Restaurante Rías Baixas de veteranos

Imaxe
Esta tarde celebrouse na localidade Moañesa de Meira a terceira xornada da Liga Galega de Veteranos. Fonte: https://es-es.facebook.com/Remeirando/ A regata disputouse con vento do norte que lle dificultou un pouco as cousas aos equipos participantes, pero co mar en moi boas condicións.    O equipo de Celeiro non participou nesta regata, polo que se celebraron as tres tandas habituais, coas dúas primeiras lanzadas, pero na primeira só competían o C.R. Muros e a A.D. Esteirana Remo.   Fonte: https://es-es.facebook.com/Remeirando/   A tripulación que aliñou o noso equipo veterano mixto foi a seguinte:   Uxío (proeiro) (B6) Teresa - Alcira (E6) (B5) Xan - Óscar (E5) (B4) David - Pancho (E4) (B3) Calde - Juan Carlos (E3) (B2) Marta - Txelo (E2) (B1) Otero - Carou (E1) Fran (patrón)   No sorteo de carreiros ao noso equipo correspondeulle o 3, mentras que Muros ía polo 5 nesa primeira quenda. Xa desde o principio de regata Muros colleu a cabeza na quenda e o noso equipo non foi quen de s

Bandeira Concello de Moaña. Segunda xornada da Liga Galega de Veteranos

Imaxe
A Liga Galega de Veteranos fixo a súa parada nesta segunda xornada na localidade moañesa de Tirán. Nesta xornada competía tanto a liga masculina, onde participa o equipo mixto da A.D. Esteirana Remo, coma a feminina na que participan este ano tan só o C.R. Cabo de Cruz e o C.R. Puebla. Fonte: https://es-es.facebook.com/Remeirando/   As condicións meteorolóxicas eran moi boas, sen prácticamente vento e o mar totalmente en calma.   Na liga masculina disputáronse tres quendas de tres participantes, agrupados según a clasificación xeral da liga despois da disputra da primeira xornada. As dúas primeiras quendas eran lanzadas cunha diferencia dun minuto, mentras que a última disputouse ao remataren as dúas primeiras. Na primeira quenda participaron os tres últimos clasificados da liga ata a xornada de hoxe: Celeiro, Muros e Rianxo. Na segunda os postos 4º, 5º e 6º: Meira, Cesantes e Esteirana. Na última os tres primeiros clasificados: Cabo, Chapela e Tirán.     Nesta xornada o equipo da Este

Liga Galega Veteranos. Bandeira Wofco

Imaxe
Esta mañá iniciouse a Liga Galega de Veteran@s en Coruxo coa celebración da 'Bandeira Wofco', que a pesar do lugar de celebración, estaba organizada polo C.R. Chapela. Na Liga Galega de Veteranos este ano compiten o C.R. Cabo da Cruz, C.R. Celeiro (que na regata de onte non puido participar), C.C.D. Cesantes, C.R. Chapela, C.R. Muros, C.R. Rianxo, S.D. Samertolameu, S.D. Tirán e a A.D. Esteirana Remo. O campo de regatas da proba desta mañá estaba en moi boas condicións, sen vento e co mar en calma, aínda que coa marea baixa o que fixo que os carreiros por onde se disputaba a regata non tiveran moito calado. Ao non asistir Celeiro celebráronse dúas quendas de 4 equipos. Na primeira quenda remaron os clubs que compiten por primeira vez nesta edición da liga, que son Cabo e Samertolameu, xunto cos dous últimos clasificados da liga do ano pasado, que foron Muros e Rianxo. A segunda quenda disputábana Tirán, Chapela, Cesantes e Esteirana. O equipo veterano mixto competiu nesta segun

Resultados do "ORIAren XXIX Traineru Jaitsiera"

Imaxe
Este sábado disputouse na localidade vasca de Orio o "ORIAren XXIX Traineru Jaitsiera" (XXIX Descenso de Traineras do Oria).   Nesta edición déronse cita 69 embarcación das cales 9 eran llaguts cataláns e o resto traiñeiras, unha das cales representaba á A.D. Esteirana Remo co seu equipo veterano mixto.     Por categorías, das 69 embarcacións participantes 29 eran de veteranos, dentro das cales había 15 equipos veteranos masculinos, 1 feminino e 13 mixtos.   As condicións meteorolóxicas foron de choiva constante, que non parou durante toda a duración da regata, pero sen vento.     A proba era na modalidade de contra o reloxo na que as tripulacións ían saíndo de minuto en minuto. A distancia a percorrer era de 4.000 metros para llaguts, veteranos e sénior femininas, mentras que para a sénior masculina era de 6.000 metros.   A traiñeira da A.D. Esteirana Remo tiña o número 11 na orde de saída. Por diante só saía a traiñeira feminina do C.R. Puebla e todos os llaguts cataláns.

XX Contra Reloxo de Traiñeiras de Cabo da Cruz - Bandeiras #somosBOIRO

Imaxe
A pesar de que inicialmente se inscribiran 51 traiñeiras, finalmente houbo dúas baixas e foron un total de 49 as traiñeiras que tomaron a saída esta mañá na XX Contra Reloxo de Cabo da Cruz - Bandeiras #somosBOIRO . A proba era sobre un campo de regatas de dous largos. A A.D. Esteirana Remo participou na proba tanto co equipo sénior de Muros-Esteirana, que tiña o posto 34 na orde de saída, coma co veterano mixto que saía de 5º.     Equipo de Muros-Esteirana na contra o reloxo de onte. Fonte: https://www.facebook.com/Remeirando/ No momento do incio da proba as condicións meteorolóxicas eran moi difíciles debido ao forte vento de nordés, que foi mellorando un pouco a medida que foi avanzando a mañá. Esta circunstancia fixo que varios equipos, entre eles o veterano mixto da Esteirana, foran penalizados con 10” por non coller a estacha na saída.  O equipo absoluto de Muros-Esteirana finalizou a proba absoluta no 20º posto final cun tempo de 26:04,0 superando a varios dos rivais cos que com

Resultados do VII Memorial Pepe "O Ruso" de traiñeiras (Bueu)

Imaxe
Esta mañá celebrouse en Bueu a contrarreloxo de pretemporada de traiñeiras VII Memorial Pepe "O Ruso", onde se concentraron 36 equipos de diversas categorías. A Asociación Deportiva Esteirana Remo participou coa traiñeira veterana mixta e obtivo un 6º posto na súa categoría. O equipo foi penalizado con 10" por tomar a saída sen coller a estacha.   (C) Tercos Meira   A mesma penalización que o equipo veterano mixto da Esteirana Remo tamén se lle aplicou aos equipos Cesantes (veterano), Tirán veterano, Chapela Veterano, Tirán "B" (absoluto) e Rianxo (absoluto).   Clasificación da regata da categoría de veteranos:   VETERANOS Posto Equipo Orde saída 1ª ceavoga 2ª ceavoga 3ª ceavoga Tempo final Diferencia co 1º Diferencia co anterior 1 CR CHAPELA 10 03:52:00 09:40:00 20:05:00 22:33,57 2 SD SAMERTOLAMEU 4 03:58:00 09:58:00 20:4