I Bandeira Restaurante Rías Baixas de veteranos
Esta tarde celebrouse na localidade Moañesa de Meira a terceira xornada da Liga Galega de Veteranos.
![]() |
Fonte: https://es-es.facebook.com/Remeirando/ |
A regata disputouse con vento do norte que lle dificultou un pouco as cousas aos equipos participantes, pero co mar en moi boas condicións.
O equipo de Celeiro non participou nesta regata, polo que se celebraron as tres tandas habituais, coas dúas primeiras lanzadas, pero na primeira só competían o C.R. Muros e a A.D. Esteirana Remo.
Fonte: https://es-es.facebook.com/Remeirando/
A tripulación que aliñou o noso equipo veterano mixto foi a seguinte:
Uxío (proeiro)
(B6) Teresa - Alcira (E6)
(B5) Xan - Óscar (E5)
(B4) David - Pancho (E4)
(B3) Calde - Juan Carlos (E3)
(B2) Marta - Txelo (E2)
(B1) Otero - Carou (E1)
Fran (patrón)
No sorteo de carreiros ao noso equipo correspondeulle o 3, mentras que Muros ía polo 5 nesa primeira quenda. Xa desde o principio de regata Muros colleu a cabeza na quenda e o noso equipo non foi quen de seguirlle o ritmo.
Ao final a Esteirana Remo rematou cun tempo compensado de 14:24,96 no oitavo posto da clasificación xeral da regata.
No que respecta á clasificación da liga, mantense no sétimo posto da clasificación, con un punto por diante de Muros e 3 por detrás de Cesantes.
Tempos completos da "I Bandeira Restaurante Rías Baixas" (fonte @inforemobancofijo).
Fonte: https://es-es.facebook.com/Remeirando/ Fonte: https://es-es.facebook.com/Remeirando/ Fonte: https://es-es.facebook.com/Remeirando/ Fonte: https://es-es.facebook.com/Remeirando/