Bandeira de Veteran@s de Rianxo

Esta mañá en Rianxo tivo lugar unha nova xornada da Liga Galega de Veteranos, onde volvían á competición tanto os equipos da liga feminina coma os da liga masculina.




Ao igual que sucedera onte pola tarde en Esteiro, o vento foi o protagonista da xornada soprando forte de nordés, pero desta vez sen cambios significativos na intensidade o que non afectou tanto á clasificación final como sucedeu na xornada de onte. O mar, en boas condicións.


Na categoría feminina, ao revés do que sucedera na xornada de onte, Puebla tomou a dianteira e xa virou con 12 segundos de vantaxe sobre Cabo da Cruz. No longo de volta Cabo recortou 1 segundo pero insuficiente para evitar que Puebla se fixera coa bandeira en disputa.


Na categoría masculina na xornada de hoxe estaban todos os equipos integrantes da liga, polo que se configuraron 3 quendas de 3 equipos. As dúas primeiras lanzadas e a última ao final das dúas primeiras.


A Esteira Remo competía desta volta coa seguinte tripulación:


Perre (proeiro)

(B6) Teresa - Óscar (E6)

(B5) Uxío - Marinela (E5)

(B4) David - Franche (E4)

(B3) Xan - Calde (E3)

(B2) Chema - Juan Carlos (E2)

(B1) Otero - Carou (E1)

Alcira (patroa)


Remaron na segunda das quendas, lanzada, e ao igual que na xornada de onte tocoulle o carreiro 3. Polo 1 foi Cesantes e polo 5 Rianxo. Cesantes tomou a cabeza da proba durante a primeira metade de regata, seguido moi de cerca por Rianxo e Esteirana. Sen embargo no terceiro longo Rianxo conseguiu deixar un pouco atrás a Esteirana e incluso no cuarto impoñerse tamén a Cesantes. Esteirana quedou na terceira posición da quenda. No seguinte vídeo pódese ver a segunda ceavoga desta quenda.




O vencedor final da regata foi Cabo da Cruz que competía na última quenda con Chapela e Muros.


Cos tempos compensados, finalmente a Esteirana rematou nun meritorio sexto posto na xeral da bandeira.


Tempos completos da "Bandeira de Veteran@s de Rianxo" de traiñeiras de veteranas e veteranos (fonte @inforemobancofijo).

 

A vindeira xornada da liga celebrarase o domingo 28 de maio en Cabo da Cruz.