"I Bandeira Coterena" de traiñeiras de veteranos
Esta mañá chegaba a cuarta xornada da Liga Galega de Veteranos á localidade de Cesantes, en Pontevedra.
![]() |
Fonte: https://es-es.facebook.com/Remeirando/ |
A "I Bandeira Coterena" disputouse con vento frouxo e mar en calma, e con todos os equipos da liga en competición.
O noso equipo veterano mixto disputou esta regata na primeira quenda, pola rúa 5, competindo contra o equipo local de Cesantes que ía pola boia 3 e Celeiro que ía pola 1. A aliñación da Esteirana Remo foi a seguinte:
Uxío (proeiro)
(B6) Marta - Marinela (E6)
(B5) Xan - Óscar (E5)
(B4) David - Franche (E4)
(B3) Calde - Juan Carlos (E3)
(B2) Chema - Txelo (E2)
(B1) Otero - Carou (E1)
Alcira (patrona)
Esta primeira quenda gañouna o equipo local de Cesantes, e a Esteirana rematou na segunda posición cun tempo final de 14:13,83. O tempo compensado final do noso equipo foi de 14:08,83 que o clasificaba na oitava posición final da regata.
Fonte: https://es-es.facebook.com/Remeirando/
No referente á clasificación xeral da liga, a Esteirana Remo mantense na sétima posición empatada a 11 puntos con Muros.
Tempos completos da "I Bandeira Coterena" (fonte @inforemobancofijo).
A seguinte xornada celebrarase o vindeiro mércores 17 na localidade da Pobra do Caramiñal.
![]() |
Fonte: https://es-es.facebook.com/Remeirando/ |
![]() |
Fonte: https://es-es.facebook.com/Remeirando/ |
![]() |
Fonte: https://es-es.facebook.com/Remeirando/ |
![]() |
Fonte: https://es-es.facebook.com/Remeirando/ |