Liga Galega Veteranos. Bandeira Wofco
Esta mañá iniciouse a Liga Galega de Veteran@s en Coruxo coa celebración da 'Bandeira Wofco', que a pesar do lugar de celebración, estaba organizada polo C.R. Chapela.
Na Liga Galega de Veteranos este ano compiten o C.R. Cabo da Cruz, C.R. Celeiro (que na regata de onte non puido participar), C.C.D. Cesantes, C.R. Chapela, C.R. Muros, C.R. Rianxo, S.D. Samertolameu, S.D. Tirán e a A.D. Esteirana Remo.
O campo de regatas da proba desta mañá estaba en moi boas condicións, sen vento e co mar en calma, aínda que coa marea baixa o que fixo que os carreiros por onde se disputaba a regata non tiveran moito calado.
Ao non asistir Celeiro celebráronse dúas quendas de 4 equipos. Na primeira quenda remaron os clubs que compiten por primeira vez nesta edición da liga, que son Cabo e Samertolameu, xunto cos dous últimos clasificados da liga do ano pasado, que foron Muros e Rianxo. A segunda quenda disputábana Tirán, Chapela, Cesantes e Esteirana.
O equipo veterano mixto competiu nesta segunda quenda pola rúa 4, coa seguinte aliñación:
Perre (proeiro)
(B6) Marta - Alcira (E6)
(B5) Xan - Óscar (E5)
(B4) David - Franche (E4)
(B3) Calde - Juan Carlos (E3)
(B2) Chema - Txelo (E2)
(B1) Otero - Carou (E1)
Fran (patrón)
Finalizaron na 4ª posición da quenda, con un tempo de 12:59,60. Unha vez ralizada a compensación por idades, o tempo para a clasificación xeral da Esteirana Remo foi de 12:54,60 co que finalizaba na 6ª posición xeral da regata.
![]() |
Fonte: MAChremo |
Tempos completos da "Bandeira Wofco" (fonte @inforemobancofijo).
A vindeira proba dispútase en Moaña, organizada pola S.D. Tirán, e terá lugar o domingo 7 de maio.