Resultados da "I Bandeira de Esteiro" de traiñeiras de veteranas e veteranos

A Liga Galega de Veteranos fixo hoxe a súa parada en Esteiro, onde esta tarde organizamos a "I Bandeira de Esteiro" de traiñeiras de veteranas e veteranos.


Fonte: https://es-es.facebook.com/moitoremojose


O estado do mar estivo en perfectas condicións para a práctica do remo, aínda que o vento forte e racheado do nordés dificultaba moito o traballo das remeiras e remeiros, tanto foi así que ao final convirtiríase no auténtico protagonista da xornada.


A regata comenzou coa proba feminina, a dous longos, disputada polas embarcacións do C.R. Puebla e o C.R. Cabo da Cruz. Este último xa colleu a dianteira desde o inicio e na ceavoga xa adiantaba á Puebla en 10 segundos. No longo de volta Puebla recortou algo pero non foi suficiente e rematou a proba 7 segundos por detrás de Cabo. Cos tempos compensados finais a vencedora definitiva foi a traiñeira de Cabo con algo máis de 5 segundos de vantaxe.


Na competición masculina ao non acudir á regata o C.R. Celeiro configuráronse dúas quendas de catro tripulacións. Na primeira das quendas participaron Muros polo carreiro 1, Rianxo polo 2, Esteirana polo 3 e Cesantes polo 4.


Fonte: https://es-es.facebook.com/moitoremojose


O noso equipo nesta regata foi:


Alcira (proeira)

(B6) Marta - Óscar (E6)

(B5) Uxío - Txelo (E5)

(B4) David - Franche (E4)

(B3) Xan - Calde (E3)

(B2) Chema - Juan Carlos (E2)

(B1) Otero - Carou (E1)

Fran (patrón)

 


 

 

Fonte: https://es-es.facebook.com/moitoremojose

 

A quenda no primeiro longo foi bastante igualada, pero logo da primeira ceavoga Muros impuso un forte ritmo que non foron capaces de seguir ningún dos outros tres equipos. Por detrás loitando polo segundo posto da quenda estiveron en todo momento Cesantes, Rianxo e Esteirana. Finalmente Cesantes rematou segundo na quenda, Esteirana terceira e Rianxo cuarta.


Na segunda quenda competiron Chapela polo carreiro 1, Tirán polo 2, Samertolameu polo 3 e Cabo polo 4. Cabo en todo momento se mantivo en cabeza de regata, pero con Chapela moi cerca. Detrás Tirán e Meira coa súa loita particular.


Nesta segunda quenda o vento aumentou e fixo que ningún equipo desta quenda superase o magnífico tampo marcado por Muros na quenda anterior, o que fixo que finalmente o C.R. Muros se proclamara vencedor final da I Bandeira de Esteiro de traiñeiras de veteranos.


A Esteirana pola súa parte fixo tamén un magnífico tempo, que os colocaba na cuarta posición final da regata, a menos de 4 segundos de Cabo que foi o segundo.

 

Tempos completos da "I Bandeira de Esteiro" de traiñeiras de veteranas e veteranos (fonte @inforemobancofijo).

 

Queremos felicitar desde aquí aos vencedores da I Bandeira de Esteiro de traiñeiras de veteranas e veteranos, o C.R. Cabo da Cruz en categoría feminina e ao C.R. Muros na masculina.

 


 

 

Fonte: https://es-es.facebook.com/moitoremojose

 

Fonte: https://es-es.facebook.com/moitoremojose