Bandeira "Dean.Shop eCommerce" de veteranas e veteranos

Aproveitando o festivo do Día das Letras Galegas organizouse esta mañá na Pobra do Caramiñal a Bandeira "Dean.Shop eCommerce" de veteranas e veteranos.

 



As condicións meteorolóxicas non eran malas pero o vento forte de nordés dificultaba moito as cousas na metade exteior do campo de regatas ás remeiras e remeiros, posto golpeaba ás embarcacións de aleta e amura. A marea que estaba subindo tamén levantaba unha ola de costado na parte exterior do campo que dificultaba máis se cabe o traballo dos deportistas.


A primeira das competicións en disputa foi a feminina cos dous clubs que compiten nesta liga, o C.R. Cabo da Cruz e o C.R. Puebla. Desde o inicio da regata o C.R. Puebla colleu a dianteira e xa a mantivo ata o final. Proclamouse vencedora da bandeira cun tempo de 08:29,00, mentras que Cabo remataba 14" por detrás.





Na competición masculina faltou á cita o C.R. Celeiro, o que fixo que se configuraran dúas quendas de 4 participantes. 

 

Na primeira quenda competiron C.R. Rianxo pola rúa 1, C.C.D. Cesantes pola 2, A.D. Esteirana Remo pola 3 e o C.R. Muros pola 4.


O noso equipo aliñou nesta regata a seguinte tripulación:


Alcira (proeira)

(B6) Teresa - Marinela (E6)

(B5) Uxío - Óscar (E5)

(B4) David - Franche (E4)

(B3) Xan - Calde (E3)

(B2) Chema - Juan Carlos (E2)

(B1) Otero - Carou (E1)

Fran (patrón)


O primeiro clasificado desta primeira quenda foi Rianxo cun tempo de 14:23,47, seguido de Cesantes a 8", Muros a 18" e no cuarto lugar a Esteirana a 29".

 


 


Na segunda quenda participaron Samertolameu pola boia 1, Tirán pola 2, Cabo pola 3 e Chapela pola 4. O gañador desta quenda foi Cabo cun tempo de 13:43,38, por diante de Chapela que finalizou cun tempo de 14:48,62. O tempo de Cabo sen embargo non foi suficiente para loita pola bandeira, que finalmente foi parar a Chapela polo hándicap de -5" co que partía.


Tempos completos da Bandeira "Dean.Shop eCommerce" (fonte @inforemobancofijo).

 

A vindeira regata organizámola a A.D. Esteirana Remo este vindeiro sábado 20 de maio.