Bandeira Concello de Moaña. Segunda xornada da Liga Galega de Veteranos
A Liga Galega de Veteranos fixo a súa parada nesta segunda xornada na localidade moañesa de Tirán. Nesta xornada competía tanto a liga masculina, onde participa o equipo mixto da A.D. Esteirana Remo, coma a feminina na que participan este ano tan só o C.R. Cabo de Cruz e o C.R. Puebla.
![]() |
Fonte: https://es-es.facebook.com/Remeirando/ |
As condicións meteorolóxicas eran moi boas, sen prácticamente vento e o mar totalmente en calma.
Na liga masculina disputáronse tres quendas de tres participantes, agrupados según a clasificación xeral da liga despois da disputra da primeira xornada. As dúas primeiras quendas eran lanzadas cunha diferencia dun minuto, mentras que a última disputouse ao remataren as dúas primeiras. Na primeira quenda participaron os tres últimos clasificados da liga ata a xornada de hoxe: Celeiro, Muros e Rianxo. Na segunda os postos 4º, 5º e 6º: Meira, Cesantes e Esteirana. Na última os tres primeiros clasificados: Cabo, Chapela e Tirán.
Nesta xornada o equipo da Esteirana competiu coa seguinte aliñación:
Uxío (proeiro)
(B6) Teresa - Óscar (E6)
(B5) Marinela - Xan (E5)
(B4) David - Franche (E4)
(B3) Calde - Juan Carlos (E3)
(B2) Chema - Txelo (E2)
(B1) Otero - Carou (E1)
Fran (patrón)
Remamos polo carreiro 5 e finalizamos na 3ª posición da quenda e no 7º posto xeral da regata con un tempo de 14:42,28, a 16" de Cesantes que foi o segundo clasificado da quenda. Con respecto aos rivais directos, Muros que remou na primeira quenda na misma boia rematou no mesmo segundo que o noso equipo pero unhas centésimas por detrás, con un tempo de 14:42,95.
![]() |
Fonte: https://es-es.facebook.com/Remeirando/ |
![]() |
Fonte: https://es-es.facebook.com/Remeirando/ |
![]() |
Fonte: https://es-es.facebook.com/Remeirando/ |
Unha vez aplicadas as compensacións por idades o tempo final da Esteirana foi de 14:37,28 o que nos permitía manternos no 7º posto da clasificación xeral da regata.
En canto á clasificación da LGV, a Esteirana mantense no 7º posto con 7 puntos.
Tempos completos da "Bandeira Concello de Moaña" (fonte @inforemobancofijo).
Clasificación xeral da Liga Galega de Veteranos unha vez disputada a 2ª xornada.
A seguinte proba da liga é o vindeiro sábado 13 na localidade de Meira, tamén en Moaña.