XXI Contra Reloxo de Traiñeiras de Cabo da Cruz - II Bandeira #somosBOIRO

A traiñeira absoluta de Muros-Esteirana, que a partir desta temporada competirá baixo o nome de Club de Remo URME (Unión de Remeiros de Muros e Esteirana), e a traiñeira veterana mixta da A.D. Esteirana Remo, participaron hoxe na súa primeira regata do 2024, a "XXI Contra Reloxo de Traiñeiras de Cabo da Cruz - II Bandeira #somosBOIRO". Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose Había inscritas un total de 49 traiñeiras repartidas entre as distintas categorías, motivo polo cal a organización divideu a competición en dúas contra o reloxo, unha pola mañá para as categorías sub'19 e as veteranas (femininas, mixtas e masculinas), e outar pola tarde para as categorías absolutas. As condicións meteorolóxicas foron moi boas durante todo o día, co mar en calma e sen vento. A traiñeira veterana mixta da A.D. Esteirana Remo competiu pola mañá. Tiña o número 12 na orde de saída e finalizou con un tempo de 16:43,22, tempo que a situaba na primeira posición das traiñeras veterana...