Liga Galega de Bateis. "V Bandeira Concello da Pobra do Caramiñal"

Datos da competición: Regata: V Bandeira Concello da Pobra do Caramiñal Competición: Liga Galega de Bateis 2024 Modalidade: bateis Categorías: alevín, infantil, cadete, xuvenil, sub'23 e absoluta Tipo regata : campo tradicional de 500m e 6 boias Lugar: Pobra do Caramiñal Data: 31/03/2024 Hora: 10:30h Nesta xornada da Liga Galega de Bateis estaban inscritos os tres equipos femininos da A.D. Esteirana Remo que compiten habitualmente na liga, alevín, infantil e cadete, así como o equipo xuvenil masculino do C.R. Urme. Equipo cadete. Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose O equipo alevín feminino da Esteirana Remo participou na primeira quenda polo carreiro 1. Finalizaron no 5º posto final da categoría cun tempo de 02:44,66, a pouco máis de 7 segundos do equipo vencedor que foi Cabo da Cruz. O equipo infantil feminino tamén competiu pola boia 1, pero na segunda quenda da súa categoría. Marcaron un tempo de 06:58,26 e finalizaron na 13ª posición. En ca...