Publicacións

Muros-Esteirana acada a victoria na "I Bandeira Chapela Wofco" e colócase na primeira posición da LGT 'B'

Imaxe
 I BANDEIRA CHAPELA WOFCO   Data e hora da regata: 08/07/2023, 17:00h. Lugar: Chapela. Competición: I Bandeira Chapela Wofco (Liga LGT B).   Condicións do campo de regatas:   Vento frouxo e sen olas.  Aliñación: Integrantes do equipo Muros-Esteirana absoluto nesta regata . Quenda e carreiro:   2ª quenda, carreiro 1.   Clasificación na regata: 1º posto na tanda e 1º posto na xeral da regata . Clasificación xeral na liga despois da disputa desta regata: 1º posto .

Esta fin de semana estamos no "Muros Mira ao Mar"

Imaxe
  A Asociación Deportiva Esteirana Remo está esta fin de semana participando en "Muros Mira ao Mar 2023". Vinde a visitar Muros e facede unha paradiña con nós... mañá sábado ás 12:30h organizamos un obradoiro de estrobos.  

Se che gusta Esteiro, promociónao!

Imaxe
Tanto se queres estar á moda este verán e o vindeiro outono, coma se viñestes de visita ou vacacións a Esteiro e che gustou a experiencia, fai que todo o mundo o saiba.    Xa temos dispoñibles novos deseños de roupa e complementos para este verán e outono.   Podes adquirilos nas instalacións da A.D. Esteirana Remo (porto de Esteiro), no Chiringuito do Petón ou a través das nosas RRSS.    

Escola de remo 2023 para adultos

Imaxe
  IMPORTANTE: PARA INSCRIBIRSE HAI QUE SABER NADAR.   A partir de 16 anos de idade. Todos os martes e xoves de 20:30h a 22:00h dos meses de xullo e agosto de 2023. Nas instalacións da A.D. Esteirana Remo. 25€ mes.  Inscricións a través dos teléfonos ou correo electrónico que se mostran no cartel.     

Escola de remo 2023 para nen@s. Aberto o prazo de inscrición ata o 30 de xuño

Imaxe
IMPORTANTE: O MENOR DEBE SABER NADAR.   Prazo de inscrición inicial ata o 30 de xuño de 2023. Poderase reabrir dependendo do número de inscritos no período inicial. A partir de 8 anos de idade. Todos os martes e xoves de 10:30h a 13:30h dos meses de xullo e agosto de 2023. Nas instalacións da A.D. Esteirana Remo. 20€ para inscricións dunha quincena, 35€ para un mes e 65€ para inscricións para os dous meses.  Inscricións a través dos teléfonos ou correo electrónico que se mostran no cartel.  É necesaria unha foto de carné e fotocopia do DNI do menor, así como a sinatura do pai/nai ou titor legal do menor.    

I Bandeira de Muros de Veteranos

Imaxe
A última regata da Liga Galega de Veteranos tiña lugar esta mañá en Muros, onde se disputaba a "I Bandeira de Muros de Veteranos". Fonte: https://es-es.facebook.com/Remeirando/ O campo de regatas estaba en calma e as condicións meteorolóxicas eran ideais para a práctica do remo.   O equipo veterano mixto da Esteirana Remo na regata de hoxe estivo composto por:   Perre (proeiro) (B6) Teresa - Marinela (E6) (B5) Lidia - Carmiña (E5) (B4) David - Franche (E4) (B3) Calde - Juan Carlos (E3) (B2) Marta - Txelo (E2) (B1) Otero - Carou (E1) Alcira (patroa)   Fonte: https://es-es.facebook.com/Remeirando/ Competiron na primeira quenda, no carreiro 2. Nesta mesma quenda competía Muros polo carreiro 1 e Celeiro polo 3. Desde o inicio da regata Muros impuxo un alto ritmo e distanciouse da Esteirana Remo e de Celeiro. A Esteirana Remo pola súa parte tamén conseguiu meterlle uns segundos no primeiro longo a Celeiro, que foi ampliando no resto da regata.  Finalmente a Esteirana Re...

Segundo posto de Muros-Esteirana na regata inaugural da temporada 2023 da LGT

Imaxe
I BANDEIRA CONCELLO DE AS PONTES LGT Data e hora da regata: 10/06/2023, 16:30h. Lugar: As Pontes de García Rodríguez. Competición: I Bandeira Concello de As Pontes (Liga LGT B).   Condicións do campo de regatas:   Vento frouxo e sen olas.  Aliñación: Integrantes do equipo Muros-Esteirana absoluto nesta regata. Quenda e carreiro:   1ª quenda, carreiro 1.   Clasificación na regata: 2º posto na tanda e 2º posto na xeral da regata. Clasificación xeral na liga despois da disputa desta regata: 2º posto. LGT LGT Fonte: https://es-es.facebook.com/Remeirando/ Fonte: https://es-es.facebook.com/Remeirando/ Fonte: https://es-es.facebook.com/Remeirando/ Fonte: https://es-es.facebook.com/Remeirando/ Fonte: https://es-es.facebook.com/Remeirando/ Fonte: https://es-es.facebook.com/Remeirando/ Fonte: https://es-es.facebook.com/Remeirando/ Fonte: https://es-es.facebook.com/Remeirando/ Fonte: https://es-es.facebook.com/Remeirando/ Fonte: https://es-es.facebook.com/Remeirando/ Fonte...

Arranca a Liga Galega de Traiñeiras coa participación de Muros-Esteirana

Imaxe
Mañá sábado 10 de xuño dará inicio no lago artificial das Pontes a Liga Galega de Traiñeiras 2023.   Vai ser a primeira vez que participe na LGT o equipo de Muros-Esteirana, e vai coincidir coa primeira vez que a liga se celebre nun concello do interior de Galicia, e polo tanto que as traiñeiras compitan en regatas en auga doce.   O plantel inicial co que conta o equipo é o seguinte:   https://www.ligalgt.com/principal/club/15-muros-esteirana     A xornada estará composta polas regatas das tres categorías e participarán, polo tanto, os equipos da liga feminina, os da liga A e os da liga B, onde se encadra Muros-Esteirana.   Ademais das regatas das tres categorías celebrarase a gala de presentación da LGT 2023 unha vez rematadas as competicións. O calendario da temporada exténdese ata finais do mes de agosto, onde se pechará en Ares. https://www.ligalgt.com/principal/calendario  

I Bandeira Deputación Provincial de Lugo de Veteranos

A Liga Galega de Veteranos chegaba na xornada de hoxe á localidade de Viveiro para disputar a I Bandeira Deputación Provincial de Lugo de veteranos, organizada polo C.R. Celeiro.   O campo de regatas estaba en moi boas condicións aínda que había un lixeiro vento de nordés. Había tamén unha pequena ola de proa e popa, que axudaba ás embarcacións nos longos de volta.    A Esteirana Remo competiu na primeira das quendas no carreiro 1. Polo 2 saía o equipo local de Celeiro e polo 3 Muros. A Esteirana aliñou nesta regata a seguinte tripulación:   Perre (proeiro) (B6) Teresa - Óscar (E6) (B5) Marta - Marinela (E5) (B4) David - Calde (E4) (B3) Xan - Juan Carlos (E3) (B2) Otero - Txelo (E2) (B1) Uxío - Carou (E1) Alcira (patroa) O primeiro longo foi bastante igualado entre Muros e Esteirana, mentras Celeiro xa quedou descolgado case desde o incio. Na primeira ceavoga Muros virou primeira, pero co noso equipo moi preto. No segundo longo Esteirana conseguiu acercarse un pouco...

Bandeira de Veteranos "We Sea"

Imaxe
Esta mañá en Cabo da Cruz, xunto co Campionato Galego de Traiñeiriñas, celebrouse a Bandeira "We Sea" de veteranas e veteranos. Na categoría feminina era a 3ª edición, mentras que na masculina era a primeira.   Fonte: https://es-es.facebook.com/moitoremojose Mar en calma total e sen vento, fixo que os equipos competiran sen moitas complicacións en igualdade de condicións.   Cabe destacar que a esta regata de veteranas e veteranos estaba convidado un equipo italiano, tanto na regata feminina coma na masculina.   Fonte: https://es-es.facebook.com/Remeirando/   A regata comezou coa proba feminina, na que ademais dos dous equipos na disputa da liga participaba desta vez tamén o equipo italiano convidado. A regata foi bastante igualada ata o final, no que se impuxo o C.R. Puebla por unha marxe de menos de 1" con respecto ó equipo local de Cabo da Cruz. O equipo italiano entrou un pouco máis retrasado debido á falta de experiencia neste tipo de competición. Cos tempos comp...

Bandeira de Veteran@s de Rianxo

Imaxe
Esta mañá en Rianxo tivo lugar unha nova xornada da Liga Galega de Veteranos, onde volvían á competición tanto os equipos da liga feminina coma os da liga masculina. Ao igual que sucedera onte pola tarde en Esteiro, o vento foi o protagonista da xornada soprando forte de nordés, pero desta vez sen cambios significativos na intensidade o que non afectou tanto á clasificación final como sucedeu na xornada de onte. O mar, en boas condicións. Na categoría feminina, ao revés do que sucedera na xornada de onte, Puebla tomou a dianteira e xa virou con 12 segundos de vantaxe sobre Cabo da Cruz. No longo de volta Cabo recortou 1 segundo pero insuficiente para evitar que Puebla se fixera coa bandeira en disputa. Na categoría masculina na xornada de hoxe estaban todos os equipos integrantes da liga, polo que se configuraron 3 quendas de 3 equipos. As dúas primeiras lanzadas e a última ao final das dúas primeiras. A Esteira Remo competía desta volta coa seguinte tripulación: Perre (proeiro) (B6) T...

Resultados da "I Bandeira de Esteiro" de traiñeiras de veteranas e veteranos

Imaxe
A Liga Galega de Veteranos fixo hoxe a súa parada en Esteiro, onde esta tarde organizamos a "I Bandeira de Esteiro" de traiñeiras de veteranas e veteranos. Fonte: https://es-es.facebook.com/moitoremojose O estado do mar estivo en perfectas condicións para a práctica do remo, aínda que o vento forte e racheado do nordés dificultaba moito o traballo das remeiras e remeiros, tanto foi así que ao final convirtiríase no auténtico protagonista da xornada. A regata comenzou coa proba feminina, a dous longos, disputada polas embarcacións do C.R. Puebla e o C.R. Cabo da Cruz. Este último xa colleu a dianteira desde o inicio e na ceavoga xa adiantaba á Puebla en 10 segundos. No longo de volta Puebla recortou algo pero non foi suficiente e rematou a proba 7 segundos por detrás de Cabo. Cos tempos compensados finais a vencedora definitiva foi a traiñeira de Cabo con algo máis de 5 segundos de vantaxe. Na competición masculina ao non acudir á regata o C.R. Celeiro configuráronse dúas quen...