Bandeira de Veteranos "We Sea"
Esta mañá en Cabo da Cruz, xunto co Campionato Galego de Traiñeiriñas, celebrouse a Bandeira "We Sea" de veteranas e veteranos. Na categoría feminina era a 3ª edición, mentras que na masculina era a primeira.
![]() |
Fonte: https://es-es.facebook.com/moitoremojose |
Mar en calma total e sen vento, fixo que os equipos competiran sen moitas complicacións en igualdade de condicións.
Cabe destacar que a esta regata de veteranas e veteranos estaba convidado un equipo italiano, tanto na regata feminina coma na masculina.
Fonte: https://es-es.facebook.com/Remeirando/
A regata comezou coa proba feminina, na que ademais dos dous equipos na disputa da liga participaba desta vez tamén o equipo italiano convidado. A regata foi bastante igualada ata o final, no que se impuxo o C.R. Puebla por unha marxe de menos de 1" con respecto ó equipo local de Cabo da Cruz. O equipo italiano entrou un pouco máis retrasado debido á falta de experiencia neste tipo de competición. Cos tempos compensados, ao final a diferencia entre Puebla e Cabo foi de case 4".
Na proba masculina o noso equipo competiu desta vez polo carreiro 1 na segunda quenda, que foi lanzada, xunto a Muros no carreiro 3 e o equipo italiano masculino no 5. A nosa tripulación hoxe estaba formada por:
Alcira (proeira)
(B6) Marta - Óscar (E6)
(B5) Perre - Txelo (E5)
(B4) David - Franche (E4)
(B3) Xan - Calde (E3)
(B2) Chema - Juan Carlos (E2)
(B1) Uxío - Carou (E1)
Fran (patrón)
![]() | |
|
Desde o primeiro longo Muros impuxo a súa superioridade na quenda e xa fixo a primeira ceavoga con 6" de vantaxe sobre Esteirana, que viraba segunda. As distancias fóronse incrementando ata metade da regata, momento a partir do cal se estabilizaron. Finalmente a quenda gañouna Muros, Esteirana entrou en segunda posición e en terceira o equipo italiano.
Na última quenda, onde participaban a maioría dos equipos favoritos para facerse coa bandeira, mantiveron unha loita moi igualada en toda a regata o equipo local de Cabo da Cruz e Chapela. Finalmente Cabo impúxose por algo máis de 1", pero non lle foi suficiente para facerse coa bandeira, posto que Chapela tiña un hándicap de -5" mentras que Cabo tiña +2", o que supuxo que Chapela fora finalmente o gañador da bandeira con 5" de vantaxe.
Tempos completos da "Bandeira We Sea" de traiñeiras de veteranas e veteranos (fonte @inforemobancofijo).
A seguinte proba será o vindeiro sábado 3 de xuño na localidade luguesa de Celeiro.
![]() | |
|
![]() | |
|
![]() | |
|
![]() | |
|
![]() | |
|
![]() | |
|