Bandeira de Veteranos "We Sea"

Esta mañá en Cabo da Cruz, xunto co Campionato Galego de Traiñeiriñas, celebrouse a Bandeira "We Sea" de veteranas e veteranos. Na categoría feminina era a 3ª edición, mentras que na masculina era a primeira. Fonte: https://es-es.facebook.com/moitoremojose Mar en calma total e sen vento, fixo que os equipos competiran sen moitas complicacións en igualdade de condicións. Cabe destacar que a esta regata de veteranas e veteranos estaba convidado un equipo italiano, tanto na regata feminina coma na masculina. Fonte: https://es-es.facebook.com/Remeirando/ A regata comezou coa proba feminina, na que ademais dos dous equipos na disputa da liga participaba desta vez tamén o equipo italiano convidado. A regata foi bastante igualada ata o final, no que se impuxo o C.R. Puebla por unha marxe de menos de 1" con respecto ó equipo local de Cabo da Cruz. O equipo italiano entrou un pouco máis retrasado debido á falta de experiencia neste tipo de competición. Cos tempos comp...