Liga Galega de Traiñeiras. 10º posto para o C.R. URME na "VI Bandeira Cidade de Narón"

Datos da competición: Regata: VI Bandeira Cidade de Narón Competición: Liga Galega de Traiñeiras 2024 "A" Modalidade: traiñeiras Categorías: absoluta masculina e feminina Tipo regata : contra o reloxo Lugar: Narón Data: 30/06/2024 Hora: 12:00h Fonte: https://www.ligalgt.com Primeira xornada da Liga Galega de Traiñeiras "A" 2024, na que competía o equipo do C.R. URME, que nesta ocasión aliñaba a seguinte tripulación. Fonte: https://www.ligalgt.com A regata, que inicialmente estaba programada que fora en liña, tivo que realizarse no formato de contra o reloxo debido a un problema coa aliñación das balizas. No sorteo da orde de saída, ao C.R. URME tocoulle o último posto, cousa que non favorecía moito debido as correntes pola marea que estaba baixando. Completaron a regata cun tempo final de 21:18,16 que os situaba na 10ª posición da regata e tamén, ao ser a primeira regata, na 10ª posición xeral da LGT "A". TEMPOS DA "VI Bandeira Cidade de...