Liga Galega de Traiñeiras de veteranos. II Bandeira de Traiñeiras Confraría Santiago Apostol de Celeiro e Porto de Celeiro
Datos da competición:
- Regata: II Bandeira de Traiñeiras Confraría Santiago Apostol de Celeiro e Porto de Celeiro
- Competición: Liga Galega de Veteranos 2024
- Modalidade: traiñeiras
- Categorías: veteranos masculina, feminina e mixta
- Tipo regata: campo tradicional de 3 boias
- Lugar: Celeiro (Viveiro)
- Data: 16/06/2024
- Hora: 12:00h
Novena e penúltima xornada da Liga Galega de Veteranos 2024, na que competía o equipo veterano mixto da A.D. Esteirana Remo.
Había en disputa, ao igual que se fixera na regata de Esteiro, tres bandeiras. Unha na categoría masculina, outra na feminina e unha terceira mixta.
A bandeira mixta disputaríana os equipos que compiten habitualmente na LGV masculina que aliñaran como mínimo 5 mulleres nesta regata, e que foron finalmente o C.R. Celeiro e a A.D. Esteirana Remo.
A aliñación da A.D. Esteirana Remo nesta regata foi a seguinte:
(proa) Perre
(B6) Marta - Carmiña (E6)
(B5) Xan - Monasterio (E5)
(B4) David - Boubeta (E4)
(B3) Lidia - Calde (E3)
(B2) Otero - Txelo (E2)
(B1) Marinela - Óscar (E1)
(patrón) Alcira
O equipo da Esteirana Remo competiu na primeira quenda pola boia 2 mentras Cesantes o facía pola 1 e Celeiro pola 3. Rematou a regata na segunda posición da
súa quenda cun tempo de 14:58,17, que coa compensación de -7 segundos
que tiña o equipo aliñado hoxe, quedouse en 14:51,17, tan só 2 segundos por detrás de cesantes, que sería o vencedor da quenda.
Ese segundo posto da quenda por diante do equipo local de Celeiro permitiulle ao equipo da Esteirana Remo facerse coa II Bandeira de Traiñeiras Confraría Santiago Apostol de Celeiro e Porto de Celeiro mixta.
Fonte: https://www.facebook.com/Remeirando
A posición obtida na clasificación xeral da regata foi 8ª, o que lle permite manterse na clasificación xeral da Liga na 7ª posición.
TEMPOS DA "II Bandeira de Traiñeiras Confraría Santiago Apostol de Celeiro e Porto de Celeiro"
![]() |
Fonte: https://www.facebook.com/inforemobancofijo |
CLASIFICACIÓN XERAL DA LIGA GALEGA DE VETERANOS DESPOIS DESTA REGATA
Fonte: https://www.facebook.com/inforemobancofijo
FOTOS DESTA REGATA
Fonte: https://www.facebook.com/Remeirando Fonte: https://www.facebook.com/Remeirando Fonte: https://www.facebook.com/Remeirando Fonte: https://www.facebook.com/Remeirando Fonte: https://www.facebook.com/Remeirando Fonte: https://www.facebook.com/Remeirando Fonte: https://www.facebook.com/Remeirando Fonte: https://www.facebook.com/Remeirando Fonte: https://www.facebook.com/Remeirando Fonte: https://www.facebook.com/Remeirando Fonte: https://www.facebook.com/Remeirando Fonte: https://www.facebook.com/Remeirando Fonte: https://www.facebook.com/Remeirando Fonte: https://www.facebook.com/Remeirando