Liga Galega de Traiñeiras de veteranos. X Bandeira Maculina e III Feminina de Veteranos de Rianxo

Datos da competición:

  • Regata: X Bandeira Maculina e III Feminina de Veteranos de Rianxo
  • Competición: Liga Galega de Veteranos 2024
  • Modalidade: traiñeiras
  • Categorías: veteranos masculina e feminina
  • Tipo regata: campo tradicional de 3 boias
  • Lugar: Rianxo
  • Data: 23/06/2024
  • Hora: 11:00h

Última xornada da Liga Galega de Veteranos 2024, na que competía o equipo veterano mixto da A.D. Esteirana Remo, que nesta ocasión aliñaba a seguinte tripulación:

(proa) Alcira

(B6) Teresa - Carmiña (E6)

(B5) Marta - Pera (E5)

(B4) David - Boubeta (E4)

(B3) Mole - Murray (E3)

(B2) Otero - Txelo (E2)

(B1) Marinela - Óscar (E1)

(patrón) Fran

O equipo da Esteirana Remo nesta xornada sufríu varias baixas debido a compromisos e enfermidades, que obrigaron a solicitar un remeiro de outro equipo da liga. O remeiro en cuestíon foi Murray, remeiro de Esteiro que está competindo no C.R. Muros.

Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose

Remaron na primeira quenda pola boia 2 mentras Cesantes o facía pola 1 e Celeiro pola 3. Dábase a circunstancia de que os dous equipos rivais competían fóra de regata debido a que aliñaron remeiros non veteranos.

A Esteirana Remo rematou a regata na segunda posición da súa quenda cun tempo de 15:54,80, que coa compensación de -2 segundos que tiña o equipo aliñado hoxe, quedouse en 15:52,80. A quenda gañouna Cesantes.

Clasificouse na 7ª posición final da regata, a mesma posición na que remata na clasificación xeral da Liga Galega de Veteranos 2024.

Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose

Destacar tamén que a nosa presidenta, Carmiña Caamaño, recibiu o premio á remeira máis veterana da liga, que recolleu no seu nome Alcira, posto que ela non se puido quedar á entrega de premios.

Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose

 TEMPOS DA "X Bandeira Maculina e III Feminina de Veteranos de Rianxo"

Fonte: https://www.facebook.com/inforemobancofijo

CLASIFICACIÓN XERAL FINAL DA LIGA GALEGA DE VETERANOS 2024

Fonte: https://www.facebook.com/inforemobancofijo

FOTOS DA REGATA