Publicacións

Debut de Muros-Esteirana no Grove

Imaxe
Esta mañá celebrouse no Grove o VIII Memorial Miguel Fernández Lores “Lagar”, organizada polo C.R. Mecos, onde fixo a súa estrea en competición a traiñeira absoluta masculina de Muros-Esteirana.     Fonte: https://www.facebook.com/Remeirando/   Na localidade arousana déronse cita 31 equipos, dos cales 17 eran absolutos másculinos, 6 absolutos femininos, 6 veteranos, 1 mixto e outro da escola de remo do club organizador. A regata era na modalidade de contra o reloxo e disputábase nun campo con formato  triangular. As condicións meteorolóxicas, con vento bastante forte do nordés que foi en aumento ao longo da mañá, dificultaron a actuación de todos os equipos. De feito, debido a estas circunstancias varias tripulacións foron penalizadas con 10 segundos por non coller a estacha na saída. Un dos equipos penalizados foi o de Muros-Esteirana.   Fonte: https://www.facebook.com/Remeirando/ Muros-Esteirana rematou a proba cun tempo final de 23:50,75 no décimo quinto post...

Anteproxecto de calendario de bateis e traiñeiriñas 2023

Imaxe
O pasado luns 9 de xaneiro celebrouse unha reunión dos clubs en Cabo da Cruz para acordar un calendario para as competicións de bateis e traiñeiriñas.   Como ven sendo habitual, as probas do calendario de bateis celebraranse nos meses de febreiro, marzo e abril, e as de traiñeiriñas durante o mes de maio, a excepción do Campionato de España desta última modalidade, que se traslada ao primeiro fin de semana de xuño.   Se o anteproxecto de calendario finalmente se confirma, a Asociación Deportiva Esteirana Remo organizará a XVI Bandeira Santiago Sur Galicia de bateis o sábado 8 de abril.  A continuación móstrase o que sería o calendario de bateis.     E así quedaría o de traiñeiriñas.       As datas que non teñen localidade aínda asignada están pendentes de definir.  

Resultados do VII Memorial Pepe "O Ruso" de traiñeiras (Bueu)

Imaxe
Esta mañá celebrouse en Bueu a contrarreloxo de pretemporada de traiñeiras VII Memorial Pepe "O Ruso", onde se concentraron 36 equipos de diversas categorías. A Asociación Deportiva Esteirana Remo participou coa traiñeira veterana mixta e obtivo un 6º posto na súa categoría. O equipo foi penalizado con 10" por tomar a saída sen coller a estacha.   (C) Tercos Meira   A mesma penalización que o equipo veterano mixto da Esteirana Remo tamén se lle aplicou aos equipos Cesantes (veterano), Tirán veterano, Chapela Veterano, Tirán "B" (absoluto) e Rianxo (absoluto).   Clasificación da regata da categoría de veteranos:   VETERANOS Posto Equipo Orde saída 1ª ceavoga 2ª ceavoga 3ª ceavoga Tempo final Diferencia co 1º Diferencia co anterior 1 CR CHAPELA 10 03:52:00 09:40:00 20:05:00 22:33,57 2 SD SAMERTOLAMEU 4 03:58:00 09:58:00 20:4...

Convocatoria de Asamblea Xeral Ordinaria

Imaxe
De acordo co que dispoñen os Estatutos da Asociación Deportiva Esteirana Remo procédese a convocar a todas as socias e socios á Asamblea Xeral Ordinaria que se celebrará nas instalacións da entidade, en Agrocovo - Ribeira de Creo s/n, Esteiro, o vindeiro sábado 28 de xaneiro ás 19:00h en primeira convocatoria e as 19:30h en segunda convocatoria.   A continuación pode visualizar o documento de convocatoria oficial do club, coa orde do día da Asamblea.    

Acordo de colaboración co C.R. Muros para a Liga Galega de Traiñeiras 2023

Imaxe
Tras varios meses de negociacións o Club de Remo Muros e a Asociación Deportiva Esteirana Remo alcanzaron un acordo de colaboración para participar de xeito conxunto na Liga Galega de Traiñeiras . Nos últimos anos os dous clubs viñan experimentando unha reducción no número de deportitas para participar nesta modalidade do banco fixo, o que animou ás directivas a que se empezaran a analizar propostas de proxectos conxuntos.   No ano 2022 xa se realizou unha primeira tentativa dunha traiñeira conxunta, pero finalmente a proposta non frutificou.   O acordo ao que chegan agora as directivas é en principio para a tempada 2023, pero coa visión posta en que este proxecto deportivo se poida consolidar en vindeiras tempadas coa creacion dun club en conxunto para seguir competindo nesta modalidade.     O proxecto a nivel deportivo estará liderado por Beni Fábregas, persoa con unha dilatada experiencia no mundo do remo tanto de remeiro coma de a...

Premio no sorteo dos bares

Imaxe
O día de Reis a Asociación Deportiva Esteirana Remo sorteaba 500€ para o número que coincidira coas tres últimas cifas do primeiro premio do sorteo de Lotería Nacional do 'Neno'. O premio tocoulle a un veciño do Maio que asinara o número 603 no Areas Pub. Esta mañá a Directiva da Asociación Esteirana Remo facía entrega do premio no local onde se asinou. Parabéns para o agraciado!!!

FELIZ 2023!!!

Imaxe
A Asociación Deportiva Esteirana Remo deséxavos un 2023 cheo de saúde e benestar...    

Entrega das cestas de Nadal

Imaxe
Esta pasada fin de semana fíxose entrega das cestas que rifamos coincidindo co sorteo de Lotería Nacional de Nadal do 22 de decembro.     O primeiro premio, composto por dúas cestas, foi para un veciño da Serra de Outes que en lugar de quedarse cos produtos, decidiu doar unha das cestas a Cáritas e a outra ao noso club.     A cesta e táboa que se rifaban co segundo premio do sorteo de Nadal quedou en Esteiro.       Por último sinalar que o sorteo de firmas dos bares de Esteiro non lle tocou a ninguén e repetiremos bote de 500€ que se rifarán coincidindo co sorteo de Lotería Nacional de Reis.

Bo Nadal

Imaxe
Tod@s @s que formamos parte da familia da Asociación Deportiva Esteirana Remo desexámosvos un...    

Sorteo de cestas de Nadal

Imaxe
Coincidindo co sorteo de Lotería Nacional de Nadal do vindeiro 22 de decembro a Asociación Deportiva Esteirana Remo sorteará dous lotes de produtos típicos do Nadal.   O primeiro lote, composto por dúas cestas, será para a rifa cuxo número coincida coas catro últimas cifras do primeiro premio do sorteo de Lotería Nacional de Nadal.   O segundo lote, composto por unha cesta e unha táboa de produtos, será para a rifa que coincida coas catro últimas cifras do segundo premio do sorteo de Lotería Nacional de Nadal.   Desde a Directiva da A.D. Esteirana Remo queremos trasladar o noso máis profundo agradecemento aos nosos deportistas, posto que moitos deles, ademais de realizar a aportación de bastantes dos produtos, tamén se implicaron completamente na venda das case 3.500 rifas das que dispoñíamos.  Recordar tamén que nos sorteos de firmas que se están realizando mensualmente nos bares de Esteiro, este mes hai un premio de 500€. Sorte para todos os participantes en ambos ...

Eleccións á Presidencia da Federación Galega de Remo

Imaxe
  A Federación Galega de Remo (FEGAR) convocou para o día de onte, 10 de decembro de 2022, unha Asamblea Extraordinaria para a "Elección de Presidente e Comisión Delegada da Fegar".   A Asamblea foi convocada para as 11:00 horas en primeira convocatoria e as 11:30 horas en segunda, e tivo lugar na sede social da Federación Galega de Fútbol (UFEDEGA), antiga sede da Secretaría Xeral para o Deporte no Estadio de San Lázaro, en Santiago de Compostela, coa seguinte orde do día: 1. Constitución da Mesa Electoral. 2. Constitución da Asemblea. 3. Presentación das persoas candidatas á Presidencia e exposición de Programas Electorais polos candidatos á Presidencia. 4. Elección do Presidente da FEGAR. 5. Elección da Comisión Delegada.   En representación da A.D. Esteirana Remo, como membro electo da Asamblea Xeral da Federación Galega de Remo polo estamento de clubs na modalidade de banco fixo,  asistiu a nosa Presidenta.   Os candidatos que se presentaban á presidencia d...

Adquisición de dous barcos de remo de mar e material de ximnasio

Imaxe
A Asociación Deportiva Esteirana Remo solicitou este ano unha axuda á Deputación da Coruña, con cargo á convocatoria " (FO104/2022) Convocatoria do programa de subvencións a entidades deportivas da provincia, sen ánimo de lucro, para infraestruturas e equipamento deportivo durante o ano 2022 ", para a adquisición de dous barcos de remo de mar (un skiff e un dobre) e un ergómetro. O investimento total do material adquirido ascende a 12.968,50€, polos cales a Esteirana Remo percibirá unha subvención de 8.000€. Dita subvención foi concedida de xeito definitivo no mes de setembro e publicada no BOP do 19 de setembro . O ergómetro Concept 2 xa fora recibido fai uns meses e xa se está a utilizar no club, e esta semana recibimos tamén os dous barcos xunto cos seus remos. Os barcos foron fabricados en Portugal pola empresa AveRowing Boats, especializada neste tipo de embarcacións. Estas son algunhas imaxes do material adquirido.  

Varias directivas e remeir@s da Esteirana Remo participan na "Andaina e foliada pola igualdade" organizada pola ANPA do CEIP Plurilingüe Ricardo Tobío.

Imaxe
  Co motivo do Día da Infancia , que se celebra o 20 de novembro, e do Día pola Eliminación da Violencia de Xénero , que será o vindeiro 25 de novembro, a ANPA do CEIP Plurilingüe Ricardo Tobío organizou no día de onte unha "Andaina e foliada pola igualdade" . A Esteirana Remo tamén quixo ser partícipe xunto coas outras asociacións da nosa vila, polo que varias directivas e remeir@s uníronse ao evento unha vez rematado o entrenamento do equipo veterano.     O percorrido da andaina iniciábase na Casa da Sociedade e pasaba por Trión, o cemiterio, Solleiros, viveiro de árbores da Comunidade de Montes e volta á Casa da Sociedade.     No viveiro da Comunidade de Montes membros desa organización déronlle unha charla aos cativos sobre árbores autóctonas e agasallaron a cada cativo cunha árbore.    Finalmente a actividade rematou na Casa da Sociedade cunha foliada e un pequeno xantar.   Na actividade participaron ao arredor de 150 persoas entre nenos e a...

O equipo veterano mixto acada o 3º posto na "Arraunlari Beteranoen III. Topaketa" en Mundaka

Imaxe
Este fin de semana o equipo veterano mixto da A.D. Esteirana Remo viaxou ao País Vasco a participar no " III Encontro de Remeiros Veteranos " que se celebrou na localidade de Mundaka (Bizkaia) o sábado 22 de outubro.     O evento foi unha mestura de competición e acto cultural e festivo no que se celebraron dúas regatas (unha contrarreloxo e outra na modalidade de 'sprint'), demostracións e competicións de outros deportes tradicionais vascos, comida e cea conxuntas dos equipos participantes e ata un concerto.   No encontro participaron un total de quince equipos, dos cales once eran vascos, un alicantino, outro catalán e dous galegos (a S.D. Tirán e a A.D. Esteirana Remo). A regata da mañá celebrouse na modalidade de contrarreloxo e o equipo mixto da A.D. Esteirana Remo, como se pode ver na seguinte táboa clasificatoria, rematou no 3º posto.  Posto Orde saída Equipo Tempo final Diferencia co 1º Diferencia co anterior ...