Subvención da Deputación da Coruña para a adquisición dunha furgoneta

A Deputación Provincial da Coruña ven de publicar a resolución a través da cal aproba de xeito definitivo unha subvención á A.D. Esteirana Remo para a adquisición dunha furgoneta para o transporte de deportistas e material deportivo. A axuda aprobada foi solicitada a través do " Programa FO104V-R: PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS AOS CLUBS DE REMO DA PROVINCIA PARA ADQUISICIÓN DE VEHÍCULOS DE USO DEPORTIVO DURANTE O ANO 2022 ", e xa contaba con unha aprobación inicial no 2022 na cal a A.D. Esteirana Remo debería invertir 49.788,21€, dos cales a Deputación subvencionaba o 50,21% que supoñían 25.000€. No mes de decembro pasado solicitouse á Deputación unha modificación do investimento de acordo coas bases reguladoras das axudas, modificación que foi aprobada con esta resolución. Finalmente para a adquisición deste vehículo a A.D. Esteirana Remo debe realizar unha inversión de 32.753,28€, dos cales a Deputación da Coruña subvencionará o 76,32% que ascende a un total de 25.000€. O veh...