Publicacións

"V Bandeira Concello de Ribeira" de bateis

Imaxe
Debido as malas condicións meteorolóxicas que sufrimos onte en toda a costa de Galicia, o C.R. Narón viuse na obriga de suspeder a "XXV Trofeo de Bateis Cidade de Narón".   No día de hoxe as condicións eran moi distintas e o Clube de Remo Náutico de Riveira foi quen de organizar sen percances a "V Bandeira Concello de Ribeira de bateis".   Como adoitamos facer nestas últimas semanas, a A.D. Esteirana Remo acudiu á cita coas súas tres tripulacións. Dúas alevíns femininas e a cadete masculina.   Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose   Hai que subliñar que o equipo cadete masculino tivo que competir sen un dos seus deportistas habituais, Leo Fernández, debido a unha lesión que esperemos que o teña apartado das bancadas o menor tempo posible, e ao que lle desexamos unha rápida recuperación, o mesmo que fixeron os seus compañeiros de equipo, así como as compañeiras e compañeiros do C.R. Muros aos que agradecemos o fermoso xesto. Fonte https://www.facebook.com/moit...

"VIII Banderia Confraría de Pescadores Virxe do Carme de Rianxo" de bateis

Imaxe
A Liguiña Norte de Bateis celebrou a quinta xornada en Rianxo, a onde se desprazaron os equipos da zona norte para disputar a "VIII Banderia Confraría de Pescadores Virxe do Carme de Rianxo" de bateis.   A proba disputouse nun campo tradicional de 500 m. e 5 carreiros.   A A.D. Esteirana Remo participou na proba cos dous equipos de categoría alevín feminina e co equipo cadete masculino. Recordar tamén que catro remeiras do noso club, dúas cadetes (María Cao e Noelia García) e dúas xuvenís (Aroa Saborido e Lola Piñeiro), reman cedidas no C.R. Muros debido a que non se puido completar tripulacións de batel cadete e xuvenil feminina da A.D. Esteirana Remo esta temporada.   Pola súa banda o C.R. Muros cédenos á A.D. Esteirana Remo dous deportistas da categoría cadete masculina para completar o noso equipo desa categoría. No referente ás regatas da quinta xornada da Liguiña Norte, na categoría alevín feminina, un dos nosos equipos remou na segunda quenda polo carreiro 2 e fina...

Resultados da "Bandeira Concello de Ares" de bateis

Imaxe
A Liga Territorial Norte de bateis traladouse esta fin de semana á localidade de Ares onde se celebrou a "Bandeira Concello de Ares".   A A.D. Esteirana Remo acudía a esta cita cos dous equipos alevíns femininos e co equipo cadete masculino. Un dos equipos alevíns femininos participou na segunda tanda, onde acabaron de quintas con un tempo de 03:39,26, que lles supuxo un 9º posto na clasificación xeral. Pola súa banda, o outro equipo alevín feminino paticipou na terceira tanda, conseguindo un cuarto posto con un tempo de 04:07,34 que as posicionaba no posto 12º da clasifiación xeral da categoría.   O equipo cadete masculino participou na primeira das quendas onde obtivo a victoria desa quenda nun apretadísimo final co C.R. Mugardos, que entraba a pouco máis de un segundo do noso equipo. O tempo do equipo da Esteirana foi de 8:01,47, que finalmente na xeral os colocaba de 8º. Pódense descargar todos os tempos desta competición desde o seguinte enlace (fonte @inforemobancofijo)...

Resultados do "ORIAren XXIX Traineru Jaitsiera"

Imaxe
Este sábado disputouse na localidade vasca de Orio o "ORIAren XXIX Traineru Jaitsiera" (XXIX Descenso de Traineras do Oria).   Nesta edición déronse cita 69 embarcación das cales 9 eran llaguts cataláns e o resto traiñeiras, unha das cales representaba á A.D. Esteirana Remo co seu equipo veterano mixto.     Por categorías, das 69 embarcacións participantes 29 eran de veteranos, dentro das cales había 15 equipos veteranos masculinos, 1 feminino e 13 mixtos.   As condicións meteorolóxicas foron de choiva constante, que non parou durante toda a duración da regata, pero sen vento.     A proba era na modalidade de contra o reloxo na que as tripulacións ían saíndo de minuto en minuto. A distancia a percorrer era de 4.000 metros para llaguts, veteranos e sénior femininas, mentras que para a sénior masculina era de 6.000 metros.   A traiñeira da A.D. Esteirana Remo tiña o número 11 na orde de saída. Por diante só saía a traiñeira feminina do C.R. Puebla e tod...

Escudo Muros-Esteirana

Imaxe
  Este vai ser o escudo que represente ao equipo de Muros-Esteirana, que esta temporada competirá na Liga Galega de Traiñeiras 'B'.   É un deseño minimalista pero que conserva elementos dos escudos orixinais do C.R. Muros e da A.D. Esteirana Remo.

Feliz día a todas!

Imaxe
  Feliz día a todas!

Resultados da VI Bandeira de Bateis Concello de Boiro

Imaxe
Esta tarde celebrouse en Cabo da Cruz unha nova xornada da Liguiña Territorial Norte de bateis.   Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose Nesta ocasión a A.D. Esteirana Remo participou con tres tripulacións, dúas na categoría alevín feminina e outra na categoría cadete masculina.   Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose As chicas da categoría alevín finalizaron no sétimo posto unha das tripulacións, con un tempo de 03:39,2 e no décimo terceiro a outra, con un tempo de 04:46,9.   Pola súa banda os rapaces da categoría cadete finalizaron na décimo primeira posición con un tempo de 08:03,3.    O club gañador da bandeira foi finalmente o club anfitrión, tanto en categoría masculina como feminina. No seguinte enlace pódense descargar os resultados completos de todas as categorías, facilitados polo club organizador: https://drive.google.com/file/d/1tdj-y4QInr0rCeLU-giryXAk4G2bCUaD/view?usp=sharing

Plantando árbores coa Comunidade de Montes de Esteiro

Imaxe
A Comunidade de Montes fixo un chamamento fai uns días a través das súas redes sociais para solicitar axuda ao resto de asociacións de Esteiro e veciños, para que participáramos nunha xornada de plantación de árbores autóctonas.    A xornada en cuestión tivo lugar na mañá de hoxe e varias directivas e directivos da A.D. Esteirana Remo sumáronse aos traballos dirixidos polos membros da Comunidade de Montes.   Os traballos de plantación empezaron ás dez da mañá e duraron ata o mediodía, momento no que a Comunidade de Montes convidou aos colaboradores a unha parva para recuperar forzas logo do intenso traballo.   

Subvención da Deputación da Coruña para a adquisición dunha furgoneta

Imaxe
A Deputación Provincial da Coruña ven de publicar a resolución a través da cal aproba de xeito definitivo unha subvención á A.D. Esteirana Remo para a adquisición dunha furgoneta para o transporte de deportistas e material deportivo.   A axuda aprobada foi solicitada a través do " Programa FO104V-R: PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS AOS CLUBS DE REMO DA PROVINCIA PARA ADQUISICIÓN DE VEHÍCULOS DE USO DEPORTIVO DURANTE O ANO 2022 ", e xa contaba con unha aprobación inicial no 2022 na cal a A.D. Esteirana Remo debería invertir 49.788,21€, dos cales a Deputación subvencionaba o 50,21% que supoñían 25.000€. No mes de decembro pasado solicitouse á Deputación unha modificación do investimento de acordo coas bases reguladoras das axudas, modificación que foi aprobada con esta resolución.   Finalmente para a adquisición deste vehículo a A.D. Esteirana Remo debe realizar unha inversión de 32.753,28€, dos cales a Deputación da Coruña subvencionará o 76,32% que ascende a un total de 25.000€. O veh...

Liga Territorial Norte de bateis en Muros

Imaxe
Esta tarde celebrouse en Muros a primeira regata da Liga Territorial Norte de bateis deste ano 2023.   Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose   Nesta proba déronse cita os clubs C.R. Puebla, C.R. A Cabana, C.R. Cabo da Cruz, C.M. Mugardos, C.R. Náutico de Ribeira, C.R Rianxo, C.R. Ares, C.R. Perillo, o club anfitrión C.R. Muros e a A.D. Esteirana Remo.   A Asociación Deportiva Esteirana Remo estaba representada nesta proba por tres tripulacións; unha feminina, alevín, e dúas masculinas, cadete e sénior.   A tripulación alevín feminina obtivo un noveno posto na clasificación final, mentras que os equipos masculinos, os cadetes finalizaron oitavos e os sénior quintos.   Desde este enlace pódese descargar as clasificacións completas (fonte @inforemobancofijo): descargar clasificación .   A Liga Territorial Norte de bateis trasládase o vindeiro sábado a localidade lucense de Celeiro.    Algunas fotos da xornada de hoxe de bateis (fonte https://w...

Sinatura do convenio de colaboración co Concello de Muros

Imaxe
Esta mañá tivo lugar o acto de sinatura do convenio de colaboración entre a A.D. Esteirana Remo e o Concello de Muros para o ano 2023.   Foi un acto conxunto entre o concello e os dous clubs de remo do municipio, onde tamén se asinou por parte do concello un convenio similar co C.R. Muros.     Ao acto de sinatura asistiron por parte da Directiva da A.D. Esteirana Remo a Presidenta e a Secretaria da nosa entidade.   Fonte: Concello de Muros   A sinatura deste convenio, ademais da axuda para a actividade que realiza a nosa entidade, inclúe tamén o compromiso por parte da A.D. Esteirana Remo para continuar coa organización da Bandeira Concello de Muros de Traiñeiras , que celebrará este verán en Esteiro a súa XVI edición. Esta edición estará encadrada na Liga Galega de Traiñeiras 'B', onde participará a traiñeira absoluta de Muros-Esteirana.   Desde a A.D. Esteirana Remo queremos mostrar o noso agradecemento ao Concello de Muros polo apoio e o compromiso co ...

XX Contra Reloxo de Traiñeiras de Cabo da Cruz - Bandeiras #somosBOIRO

Imaxe
A pesar de que inicialmente se inscribiran 51 traiñeiras, finalmente houbo dúas baixas e foron un total de 49 as traiñeiras que tomaron a saída esta mañá na XX Contra Reloxo de Cabo da Cruz - Bandeiras #somosBOIRO . A proba era sobre un campo de regatas de dous largos. A A.D. Esteirana Remo participou na proba tanto co equipo sénior de Muros-Esteirana, que tiña o posto 34 na orde de saída, coma co veterano mixto que saía de 5º.     Equipo de Muros-Esteirana na contra o reloxo de onte. Fonte: https://www.facebook.com/Remeirando/ No momento do incio da proba as condicións meteorolóxicas eran moi difíciles debido ao forte vento de nordés, que foi mellorando un pouco a medida que foi avanzando a mañá. Esta circunstancia fixo que varios equipos, entre eles o veterano mixto da Esteirana, foran penalizados con 10” por non coller a estacha na saída.  O equipo absoluto de Muros-Esteirana finalizou a proba absoluta no 20º posto final cun tempo de 26:04,0 superando a varios dos riva...

Debut de Muros-Esteirana no Grove

Imaxe
Esta mañá celebrouse no Grove o VIII Memorial Miguel Fernández Lores “Lagar”, organizada polo C.R. Mecos, onde fixo a súa estrea en competición a traiñeira absoluta masculina de Muros-Esteirana.     Fonte: https://www.facebook.com/Remeirando/   Na localidade arousana déronse cita 31 equipos, dos cales 17 eran absolutos másculinos, 6 absolutos femininos, 6 veteranos, 1 mixto e outro da escola de remo do club organizador. A regata era na modalidade de contra o reloxo e disputábase nun campo con formato  triangular. As condicións meteorolóxicas, con vento bastante forte do nordés que foi en aumento ao longo da mañá, dificultaron a actuación de todos os equipos. De feito, debido a estas circunstancias varias tripulacións foron penalizadas con 10 segundos por non coller a estacha na saída. Un dos equipos penalizados foi o de Muros-Esteirana.   Fonte: https://www.facebook.com/Remeirando/ Muros-Esteirana rematou a proba cun tempo final de 23:50,75 no décimo quinto post...

Anteproxecto de calendario de bateis e traiñeiriñas 2023

Imaxe
O pasado luns 9 de xaneiro celebrouse unha reunión dos clubs en Cabo da Cruz para acordar un calendario para as competicións de bateis e traiñeiriñas.   Como ven sendo habitual, as probas do calendario de bateis celebraranse nos meses de febreiro, marzo e abril, e as de traiñeiriñas durante o mes de maio, a excepción do Campionato de España desta última modalidade, que se traslada ao primeiro fin de semana de xuño.   Se o anteproxecto de calendario finalmente se confirma, a Asociación Deportiva Esteirana Remo organizará a XVI Bandeira Santiago Sur Galicia de bateis o sábado 8 de abril.  A continuación móstrase o que sería o calendario de bateis.     E así quedaría o de traiñeiriñas.       As datas que non teñen localidade aínda asignada están pendentes de definir.  

Resultados do VII Memorial Pepe "O Ruso" de traiñeiras (Bueu)

Imaxe
Esta mañá celebrouse en Bueu a contrarreloxo de pretemporada de traiñeiras VII Memorial Pepe "O Ruso", onde se concentraron 36 equipos de diversas categorías. A Asociación Deportiva Esteirana Remo participou coa traiñeira veterana mixta e obtivo un 6º posto na súa categoría. O equipo foi penalizado con 10" por tomar a saída sen coller a estacha.   (C) Tercos Meira   A mesma penalización que o equipo veterano mixto da Esteirana Remo tamén se lle aplicou aos equipos Cesantes (veterano), Tirán veterano, Chapela Veterano, Tirán "B" (absoluto) e Rianxo (absoluto).   Clasificación da regata da categoría de veteranos:   VETERANOS Posto Equipo Orde saída 1ª ceavoga 2ª ceavoga 3ª ceavoga Tempo final Diferencia co 1º Diferencia co anterior 1 CR CHAPELA 10 03:52:00 09:40:00 20:05:00 22:33,57 2 SD SAMERTOLAMEU 4 03:58:00 09:58:00 20:4...